A CoruñaCulturaGastronomíaNovas

O Xardín Alhambra volve á Coruña do 12 ao 29 de setembro

Xardín Alhambra regresa á Coruña convertido en punto de encontro de referencia do mellor lecer cervexeiro. Tras o éxito das pasadas edicións, volve por cuarto ano consecutivo á cidade herculina, entre o 12 e o 29 de setembro, cunha programación baseada na música, a arte e a gastronomía.

Este oasis urbano, que contará novamente con terraza, zona de restauración e bar, repite localización no Parque de Santa MargaritaChaira Casa das Ciencias– que se consolidou xa como un espazo no que gozar dos mellores plans musicais, gastronómicos e culturais coincidindo co fin da tempada estival.

Catas de cervexa, experiencias gastronómicas exclusivas, talleres de artesanía, DJ sessions, íntimos concertos acústicos e moitas máis novidades son algunhas das actividades que albergará este espazo que abrirá as súas portas ao público o xoves 12 de setembro.

En 2023, Cervezas Alhambra levou todo o seu universo á Coruña compartindo a súa filosofía de “gozar sen présa” nunha edición que se estendeu durante catro semanas e na que máis de 13.200 persoas pasaron por este espazo para vivir un ‘tardeo’ cervexeiro sen mirar o reloxo, un 56% máis que en 2022.

Toda a información sobre o Xardín Alhambra 2024 pode consultarse a través da páxina web www.cervezasalhambra.com/es/momentos-alhambra/jardin

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.