fbpx
A CoruñaCultura

A Casa Museo María Pita acolle a exposición ‘Os sons internos son a vida das cores’ de María Maquieira

Fotos: Rafael Magan

A artista coruñesa María Maquieira, coa que falamos en Pincha hai uns meses, é a encargada de dar vida á sala de exposicións da Casa Museo María Pita, na Cidade Vella da Coruña, durante o mes de agosto.
Dentro das actividades do VII Ciclo Metropolitano ‘Elas Son Artistas’, e coa colaboración do Concello da Coruña, pódese ver a exposición de debuxos “Os sons internos son a vida das cores”. A entrada é libre e as visitas, tanto á exposición como a toda a Casa Museo, é de martes a sábados de 10 a 13 e de 17 a 20 horas.

A inauguración da exposición, que se celebrou o pasado 31 de xullo, foi moi especial xa que contou coa intervención musical dunha amiga de María, Leticia Rey. A artista, á que tamén entrevistamos no último número de Pincha, ofreceu unha breve actuación para poñer o toque musical á obra de Maquieira, coa que comparten moitas inquedanzas e conversas sobre a artes e o que significa nas súas vidas.

“É unha exposición de debuxo, pero de forma latente está unha procura persoal miña do lugar no que podes atopar a imaxe co son. Non só a través dos códigos da pintura ou do propio trazo, senón mesmo invocando outras linguaxes creativas. A música é tamén dos meus universos favoritos”, explicou a artista.

Formada en Historia do Arte e en Belas Artes, María Maquieira viviu xa en periodos de formación en Roma, Grecia e Galicia. Ten exposto tanto a nivel individual como colectivo en Polonia, Suiza, Francia, Alemaña, Suecia, Estados Unidos e América Latina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.