EntrevistasGalicia

Óscar e Luisa, de Belategui Regueiro: “Gústanos moito experimentar con materiais como caucho, neopreno ou bambú”

Por Rebeca Munín

Óscar Montero e Luisa Estévez crean a través do seu proxecto Belategui Regueiro pezas únicas tecidas a man en teares de madeira, con fibras naturais e materiais reciclados nun proceso respectuoso co medio ambiente.

As súas creacións -mantas, bolsos, foulares...- son únicas porque o seu proceso de creación é totalmente artesanal, fannas dunha nunha en tear e a man. Por iso non hai ningunha igual a outra. "Gústamos moito experimentar con materiais, como caucho de bicicleta, neopreno ou bambú", contan. Utilizan tamén diferentes técnicas e ofrecen cursos no seu taller en Tambre para quen queira aprender.

Coñecemos máis sobre o seu xeito de traballar a través desta 'Entrevista con xeito', pertencente á nosa serie especial de conversas con artesáns e artesás que contan coa marca de Artesanía de Galicia.