Grandes artistas do techno reuniranse o 31 de maio en Miño no marco do Mar NDMBL Festival
Mar, sol e techno son os ingredientes que definen ao ‘Mar NDMBL Festival’, un evento que une a enerxía da música electrónica coa maxia dunha contorna natural única. Tras o éxito rotundo da primeira edición celebrada no 2024, o Mar NDMBL volverá o vindeiro 31 de maio cunha proposta renovada para superar todas as expectativas. No porto de Miño, rodeado de praias e co sol poñéndose sobre o mar, o festival consolídase como un referente en Galicia, atraendo tanto á comunidade local como a visitantes de toda España e máis aló.
Caravel, Cristian Varela, Marco Bailey, Ramiro López, Spartaque e Xenia son algúns dos artistas que estarán presentes na II edición do festival. Isma B, Karras Martínez, Mury e Saraiba completan o cartaz deste 2025.
As entradas están á venda a través do soporte online WOUTICK. Podes acceder a través desta ligazón.
Mar NDMBL celebrarase no porto de Miño, coa costa como escenario para que o festival consiga a fusión perfecta da música electrónica de vangarda coa serenidade da contorna mariña. Unha localización privilexiada onde reunirán a 2000 persoas para gozar do sol poñéndose sobre o mar ao ritmo do techno.