CompostelaCulturaMustNovas

Volve ‘Galicia Escena PRO’

Do 25 ao 28 de maio. Son as datas de celebración de Galicia Escena PRO 2026. O mercado galego de artes escénicas que ten como prioridade dinamizar a contratación de espectáculos de produción galega por parte de axentes profesionais acreditados. Mais tamén, un ano máis, quere ser un escaparate compartido con todo o público sobre o moito e bo que se está a facer en Galicia neste ámbito.

Galicia Escena PRO presentará durante catro intensos días unha selección de 32 espectáculos e proxectos de produción galega, ademais doutras propostas procedentes de Madrid e Valencia. Será unha panorámica plural en canto a xéneros, formatos, estilos e linguaxes que combina, ademais, a participación de compañías consolidadas con formacións e autorías de recente creación.

Mentres que unha parte do programa diario está reservado ás persoas acreditadas (coloquios, pitchings, pases matinais infantís, reunións de negocio...), a carteleira artística que se ofrece en horario de tarde ábrese a toda a cidadanía.  Será mediante a posta a disposición de convites por parte da organización para a asistencia de balde ás representacións que este ano terán lugar no Auditorio Abanca, Salón Teatro, Teatro Principal, CGAC e sede da SGAE, así como noutros espazos ao aire libre.

Espectáculos con acceso a público xeral

LUNS 25

TransparentarEnésima

16.30 + Centro Galego de Arte Contemporánea

Diz-me, meu amorRaquel Ferradás & María de Vicente

18.00 + Praza de Mazarelos

Artur Ui, o ovo da serpeTalía Teatro

18.30 + Teatro Principal

BenQuererFran Sieira, compañía de danza

20.30 + Salón Teatro

MARTES 26

AlénColectivo Glovo

16.30 + Salón Teatro

Quema Sen patrón
Cía. Jacob Gómez Pistacatro Productora de Soños

18.30 + Praza da Quintana

Bio ConstruciónIbuprofeno Teatro

20.30 + Teatro Principal

MÉRCORES 27

Manual de patronaxeTeatro do Noroeste

16.30 + Teatro Principal

Ninguén tira fotos nos enterros
Carlota e Compañía

18.30 + Salón Teatro

52-BLAUiXa

20.30 + Fundación SGAE

XOVES 28

Mofa&Befa: Os dous de sempre

Producións Teatrais Excéntricas

16.30 + Salón Teatro

Xoguetes rotos + Barrosanta e ButacaZero

18.30 + Teatro Principal

* O público xeral pode acceder de xeito gratuíto aos espectáculos (máximo de 2 convites), previa retirada das entradas dispoñibles no Museo das Peregrinacións e de Santiago, sede da Zona PRO, de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h, entre o 25 e o 28 de maio.

+INFO galiciaescenapro.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.