CulturaGaliciaNovas

‘Merenda literaria’ con Mel de Galicia e a novela ‘Fierro’ de Francisco Narla

A Casa do Taberneiro, na rúa de San Pedro de Compostela, acolleu a celebración dunha ‘Merenda literaria’, co Mel de Galicia como fío condutor.

O evento, promovido pola IXP Mel de Galicia, arrincou coa presentación da nova novela histórica de Francisco Narla: Fierro. O autor adéntrase nunha viaxe pola apicultura na época medieval, poñendo o contexto histórico perfecto para que a continuación se poña en valor o mel galego garantido co selo da IXP.

Un número reducido de asistentes, para cumprir coas ás restricións vixentes actualmente na cidade, puido levar para casa unha pequena selección de receitas elaboradas con Mel de Galicia.

O menú proposto para a ocasión, consistiu nunha infusión ecolóxica aromatizada con Mel de Galicia acompañada de:

  • Tosta de Pan de Cea con queixo Cebreiro, Castaña de Galicia e Mel de Galicia.
  • Pulga de Ternera Gallega lacada con Mel de Galicia e rú
  • Charlota de Castaña de Galicia con recheo de bavorois e Mel de Galicia.

Os consellos reguladores que colaboraron nesta “Merenda Literaria” foron: IXP Pan de Cea, IXP Castaña de Galicia, IXP Ternera Gallega, DOP Cebreiro, IIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e Craega.