fbpx
De baresGalicia

A Cuntis a por unha de lacón e grelos con augas termais!

Malia que teñamos que agardar un ano enteiro para que volva a Festa do lacón con grelos de Cuntis, hai diversas razón polas que deberíamos probar a visitar esta vila veciña de Santiago (obviamente, a maiores de pola súa xente!!).

A tan só uns trinta minutos en coche, atoparemos un concello que nos ofrece diversas rutas naturais onde camiñar por verdes sendeiros, oíndo o murmurio das augas… Unhas augas con propiedades curativas, relaxantes e calmantes ou que simplemente mollan, pero de cando estás mollado cunha sensación desas de sentirte coma novo…

Claro! E e que quen non ten oído das augas termais de Cuntis e do seu balneario. Distintas bañeiras, piscinas, salas aromatizadas e un circuíto esperan por ti para que te poñas a remollo ata que engurres a pel dos dedos de mans e pés, mentres absorbes enerxía e vitalidade.

As vistas e o paisaxe vanche axudar nesta tarefa. Na oficina de turismo de Cuntis informarante dos camiños a seguir e contaranche algún que outro segredo… Como o da fonte que hai en fronte da mesma, dende a que ves a igrexa… Non volo penso dicir, para iso ides!

Tamén podedes ir de bares!! E a comer o lacón con grelos (aínda que non sexa a festa, pero apura que se acaban!) e mesmo probar algún outro produto gourmet e alimentos selectos… Eu nesta ocasión apostei polo chourizo con castañas. Porque dunha festa sale outra e dun coñecido coñeces a outro. E diso se trata isto, non?! De facer país, indo de bares e contando por que vir ata Santiago, a comer e tomar un café (toda a información de a onde ir: na nosa revistiña!) e por que outro día viaxar ata Cuntis a facer algo parecido… Visitar Castro Landín, coñecer o que se fai coa cerámica na Fundación Terra Termarum e mollarte ou lavarte!! (Jajajaja) Que para iso teñen uns antigos lavadoiros, públicos e abertos, onde sae a auga quentiña, aínda que as veces tamén fría…

Sabes que en Cuntis hai moita afección moteira, que mesmo hai que se dedica a restaurar Vespas e motocicletas e que a súa Festa de lacón con grelos foi declarada de interese turístico? Pois se nos les nunca te deitarás, sen aprender unha cousa máis, sobre todo de onde ir papar ou que actividades culturais apuntar na túa axenda. A compañía e cousa túa… Aínda que eu apúntome rapidamente… (Chisco, chisco!)

Só queda dicir que o lacón e os grelos estaban buenírmos (si, con erre)!! Que as filloas doces deberían ser Patrimonio da humanidade (debe ser ben triste non ser galego, ca!!) Que me rin tanto co humor e a ironía ou as enormes verdades que conta Carlos Blanco, que foi pregoeiro este ano. Que The Bichos Jazz Band soan divinamente, mesmo en francés!! E que as camelias sonche as flores máis bonitas da galaxia.

Non me vou despedir sen loar ás palilleiras, porque son unhas artistas inigualables e estiveron presentes nesta festa e sen adicar este texto a todas esas persoas que traballaron en Cuntis por encher e abarrotar a praza e cuxo traballo non se ve… Porque non todo está nas redes! Así que ide a Cuntis e non esperedes ao ano que vén!!