fbpx
A CoruñaCulturaNovas

Chanel, Nebulossa, Las Ketchup e Mondra, no Atlantic Pride que se celebra do 7 ao 14 de xullo na Coruña

Mondra. Foto: Aigi Boga

Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Na súa quinta edición, estarán presentes as estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, xunto a figuras que pisan forte na nova escena galega, como Mondra, Sila Lúa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo. Na festa deste ‘Orgullo do Norte’ non faltarán, tampouco, as voces de grandes divas como Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe, ademais das drags Nomi Bull, Cloe Savage e Meiga-I.

Eris MacKenzie, Supremme de Luxe e EME DJ serás as figuras encargadas de facer bailar ao público de 20.00 a 00.00h na xornada inaugural do Atlantic Pride este domingo, 7 de xullo, na Fundación Luis Seoane da Coruña. A proposta musical da noite -que promete diversión e autenticidade polos catro costados- dará comezo coa mestura de tradición, electrónica e verbena do produtor e músico galego Eris MacKenzie, mentres que as pinchadas correrá a cargo dunha das artistas máis recoñecidas da escena indie-disco-pop de toda España, EME DJ, que chegará ao Atlantic Pride cos seus remix de himnos, ritmos bailables e moita boa onda. Contra as 22.00h subirase ao escenario a que é, sen dúbida, unha das actuacións máis esperadas desta 5ª edición do ‘Orgullo do Norte’ coruñés: a celebrada e carismática drag Supremme de Luxe, presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars.

Debido á capacidade limitada da Fundación Luis Seoane, o acceso para esta primeira xornada do Atlantic Pride é con invitación. O festival activou o pasado mes de xuño a posibilidade de rexistro para facerse con unha das 300 invitacións dispoñibles, que se esgotaron nunhas horas. As primeiras 300 persoas rexistradas, que teñen o seu lugar na lista de porta, deberán chegar ao recinto antes das 19.45h. Ás 20.10 horas, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados “impuntuais” perderán o dereito prioritario a acceder.

Programación por días

Domingo, 7 de xullo

Fundación Luís Seoane

● 20.00 – Eris Mackenzie

● 21.00 – Eme DJ

● 22.00 – Supremme de Luxe

● 22.55 – Eme DJ

Luns, 8 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – S. Alma

● 21.00 – O Rabelo e Nenaza

● 22.00 – Meiga-I

● 22.30 – Morreo

● 23.30 – S. Alma

Martes, 9 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – La Suprema

● 21.00 – Filloas

● 22.00 – Cloe Savage

● 22.30 – Lontreira

● 23.30 – La Suprema

Mércores, 10 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – D-Lemma

● 21.00 – Catuxa Salom

● 22.00 – Nomi Bull

● 22.30 – Shego

● 23.30 – D-Lemma

Xoves, 11 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 21.00 – Amoebo

● 22.00 – Selena Leo

● 22.30 – Vengaboys

● 23.30 – DJ 90

Venres, 12 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – DJ Licho

● 21.30 – Sila Lúa

● 22.30 – Nena Daconte

● 00.00 – Luna Ki

● 01.00 – Roi Porto

Sábado, 13 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – La Eterna

● 21.15 – Mondra

● 22.45 – Nebulossa

● 00.00 – Chanel

● 01.00 – La Eterna

Domingo, 14 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – Coro Cores

● 21.00 – Entrega de Premios do II Certame literario Atlantic Pride

● 21.30 – Lucía Pérez

● 22.00 – Las Ketchup

● 22.30 – Raúl

● 23.00 – Rosa López

● 23.15 – DJ Flashback

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.