fbpx
CompostelaCulturaGastronomíaNovas

Catro anos de Revista Pincha

Catro anos levamos xa facendo a Revista Pincha! Foi en maio de 2017 cando arrincamos con esta aventura e desde entón téñenmos pasado moitas cousas: 23 números editados (cunha pandemia polo medio que nos obrigou a realizar un parón de catro meses); centos de entrevistas, reportaxes e artigos publicados tanto no papel coma nesta páxina web; a nosa incursión no mundo da radio no programa Gente Viajera de Galicia en Onda Cero; o Premio Manuel Beiras como empresa de nova incorporación ao uso do galego…

No camiño tivemos a sorte de atoparnos a moitas persoas cheas de talento, xa sexa enriba dun escenario ou dentro da cociña. Algunhas delas tiveron a ben enviarnos unha felicitación que podedes ver a continuación.

Sorteo

E para festexar este cuarto aniversario, nada mellor que un agasallo gastrocultural: a última novela de Arantza Portabales asinada pola escritora e unha empanada de Pan da Moa.

Para gañalo, podes participar no sorteo que estamos realizando a través das nosas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

Grazas! Só podemos dicir iso. E seguimos. #somospincha 🙂