A CoruñaGastronomíaNovasPublirreportaxe

Unha década de eventos únicos e inesquecibles na Finca Montesqueiro

Pasaron xa dez anos desde que Finca Montesqueiro abriu as súas portas na rúa dos Xardíns, en Oleiros. Unha década ofrecendo un espazo inigualable no que celebrar eventos de empresa, vodas e outros eventos sociais.

Foi no ano 2014 cando botaba a andar con moita ilusión este proxecto dirixido por Lucía Cidón. “Vivimos uns anos cheos de logros e de crecemento. Con cada celebración que fomos preparando, esforzámonos por superar as expectativas da nosa clientela, coidando cada detalle e buscando a innovación”, asegura. Froito de todo este traballo, non tardaron en chegar os recoñecementos, como a distinción como espazo referente de vodas na Coruña no portal bodas.net ou o Premio Q de Calidade Turística.

A Finca Montesqueiro conta con diversos espazos interiores e exteriores sumando máis de 6.000 metros cadrados. Os seus salóns teñen diferentes capacidades e están equipados con medios audiovisuais de última xeración. Ademais, ofrecen á súa clientela a posibilidade de personalizar cada evento, cun equipo que está atento ás últimas tendencias e busca sempre a orixinalidade e o bo facer.

En canto á súa oferta culinaria, o chef con Estrela Michelin, Nandu Jubany, asesor gastronómico da finca, aposta por unha cociña na que prima a materia prima da mellor calidade e os produtos de tempada. Adaptando, por outro lado, cada proposta aos gustos ou preferencias culinarias de cada cliente. Así, ademais de vodas e eventos de empresa, tamén preparan menús para almorzos, ceas, cócteles ou cafés de traballo.

“Vivimos uns anos de logros e crecemento. Con cada celebración que fomos preparando esforzámonos por superar as expectativas da nosa clientela”

Cantón 23 e Pazo de Xaz

Cantón 23
Pazo de Xaz
Pazo de Xaz

Pasaron xa dez anos desde que Finca Montesqueiro abriu as súas portas na rúa dos Xardíns, en Oleiros. Unha década ofrecendo un espazo inigualable no que celebrar eventos de empresa, vodas e outros eventos sociais.

Foi no ano 2014 cando botaba a andar con moita ilusión este proxecto dirixido por Lucía Cidón. “Vivimos uns anos cheos de logros e de crecemento. Con cada celebración que fomos preparando, esforzámonos por superar as expectativas da nosa clientela, coidando cada detalle e buscando a innovación”, asegura. Froito de todo este traballo, non tardaron en chegar os recoñecementos, como a distinción como espazo referente de vodas na Coruña no portal bodas.net ou o Premio Q de Calidade Turística.

A Finca Montesqueiro conta con diversos espazos interiores e exteriores sumando máis de 6.000 metros cadrados. Os seus salóns teñen diferentes capacidades e están equipados con medios audiovisuais de última xeración. Ademais, ofrecen á súa clientela a posibilidade de personalizar cada evento, cun equipo que está atento ás últimas tendencias e busca sempre a orixinalidade e o bo facer.

En canto á súa oferta culinaria, o chef con Estrela Michelin, Nandu Jubany, asesor gastronómico da finca, aposta por unha cociña na que prima a materia prima da mellor calidade e os produtos de tempada. Adaptando, por outro lado, cada proposta aos gustos ou preferencias culinarias de cada cliente. Así, ademais de vodas e eventos de empresa, tamén preparan menús para almorzos, ceas, cócteles ou cafés de traballo.

Hai dúas datas importantes na historia de Finca Montesqueiro. Por un lado, a apertura en decembro do 2019 de Cantón 23, un restaurante en pleno centro da cidade da Coruña, na rúa do Cantón Pequeno. Composto por dúas plantas, é un local no que podemos desde tomar unha caña ou cóctel, comer, cear ou celebrar eventos sociais e empresarias. Un establecemento hostaleiro que se ten convertido nun punto de encontro onde a comida se fusiona coa elegancia.

Outro momento destacado do Grupo, foi a incorporación do Pazo de Xaz, en Oleiros, no ano 2021. Un lugar, tamén con espazos interiores e exteriores, no que celebrar vodas e outros eventos cun toque de encanto.

“Todo o que conseguimos nesta década non sería posible sen o traballo do gran equipo humano co que contamos e a confianza dos nosos clientes. Agradézolles moito que formaran parte desta viaxe e agardo que estean por vir, polo menos, outros 10 anos de alegrías”, confesa Lucía Cidón. A directora afirma que despois desta década, miran ao futuro con entusiasmo. “Queremos seguir sendo un referente gastronómico na nosa comarca, crecendo de forma rendible e sostible e mellorando cada día para seguir ofrecendo experiencias inesquecibles”.

Desde mediados de novembro, Finca Montesqueiro lucirá a súa espectacular decoración de Nadal, arrancando desde entón, e durante todo o mes de decembro, un período cheo de ceas de empresa e outros eventos cos que celebrar estas entrañables festas e dar a benvida ao novo ano que imos comezar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.