GaliciaGastronomía

Quinta Esencia comercializará os produtos de quinta gama de Yantara en exclusividade para toda Galicia

A distribuidora alimentaria Quinta Esencia, de Arzúa, presentou os produtos de quinta gama elaborados por Yantare a un grupo reducido de distribuidores e operadores locais no Espazo Abella, do prestixioso chef André Arzúa. Durante o evento, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer en profundidad a calidade dos produtos, así como a sinxeleza na súa preparación.

Froito do acordo de comercialización entre Quinta Esencia e Yantare, a primeira será a comercializadora en exclusiva dos pratos preparados para toda Galicia. Por este motivo, a empresa arzuá quixo reunir aos distribuidores galegos más importantes para que coñecesen de primeira man o catálogo de produtos, a súa presentación, características e vantaxes de venda.

Os propietarios de Yantare desprazáronse a Galicia para preparar, xunto ao chef André Arzúa, todos os pratos cos que contan na actualidade, maridados cos viños do grupo adegueiro Méndez Rojo.

Yantarefood é unha empresa fundada en 2020 por Luis Merino e Juanjo Benítez coa intención de elaborar produtos de gran calidade, cociñados con técnicas de restaurante gastronómico. Cociñan para cociñeiros, sempre en forno ou marmita, como nun restaurante, co obxectivo de ofrecer unha solución gastronómica de alta calidade.

Luis Merino é un empresario exportador de viño e carnes de calidade desde 1998, e Juanjo Benítez é cociñeiro, chef propietario de restaurantes desde 2002 e pioneiro nas técnicas de cociñado a baixa temperatura, confeitado e ‘sous vide’.

Pola súa banda, Quinta Esencia é unha distribuidora alimentaria de recente creación que pertence ao empresario arzuán Jesús Varela, cunha ampla traxectoria no mundo da distribución na canle Horeca a través da súa empresa JV Distribución, e que agora se lanza tamén ao mundo da alimentación, especializándose en produtos de quinta gama.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.