CompostelaGastronomíaNovas

O Sendeiro celebrará o seu décimo aniversario cun evento especial a 10 mans o 24 de maio

O restaurante compostelán O Sendeiro celebra o seu décimo aniversario cunha programación especial que se estenderá ao longo de todo este ano 2025. O prato forte será o evento “10 anos, 10 mans”, unha experiencia culinaria irrepetible onde se xuntarán 10 mans da cociña picheleira.

Esta celebración marca unha década de historia compartida con miles de comensais e queren festexalo con pratos especiais, novas experiencias e moitas sorpresas por descubrir. O Sendeiro xuntará a Indómito, A Maceta, O Balado e Pampín nun menú a 10 mans polo seu décimo aniversario. Así o anunciaron nun almorzo informativo os xerentes de Alberto Fernández e Sergio Delpont, e o seu chef Álex Ferreiro. Álex creará xunto a Martín (Indómito), Jorge (A Maceta), Roberto (O Balado) e Alén (Pampín), unha proposta de menú a 10 mans que poderá degustar nun evento exclusivo todo aquel que queira asistir ata terminar capacidade. Este acontecemento celebrarase o 24 de maio e as reservas activaranse nas próximas semanas.

Novo menú degustación e cóctel

Para celebrar estes 10 anos, en O Sendeiro crearon un menú degustación que os acompañará durante todo o 2025, o “Menú 10 anos”. Trátase dun menú vivo, en movemento, que se irá transformando coas estacións, cos produtos de tempada.

Ademais, crearon un cóctel conmemorativo exclusivo para celebrar estes 10 anos, que se poderá consumir de forma independente ao menú degustación.

Sen desvelar moito, os responsables de O Sendeiro tamén anunciaron que o 2025 estará cargado de sorpresas como son eventos exclusivos, agasallos, sorteos e outros lanzamentos novos; que irán desvelando ao longo do ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.