‘Onde florecen os libros’, lema das feiras que se celebrarán en Galicia este 2025
Trece citas en trece concellos, convertidos todos eles en epicentro da actividade lectora entre os meses de abril e agosto de 2025. Así é o calendario de Feiras do Libro de Galicia que presentaban a Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Cun acto enmarcado na Cidade da Cultura, como símbolo do bulir cultural do que o ecosistema literario é parte, ambas entidades desgranaron o convenio que permitirá este ano desenvolver estas trece citas literarias, arrancando o vindeiro venres 25 de abril no concello de Ferrol, como ven sendo xa tradición.
O acto, presidido polo Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo, contou coa presencia de Óscar Porral, Vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, e Patricia Porto, Contadora da entidade, fixo fincapé na importancia de apoiar ao sector literario en Galicia, dende escritores a editoriais pasando, por suposto, por librarías, o espazo onde os lectores acuden para nutrirse de novas propostas lectoras.
Así, entre abril y agosto deste ano trece concellos galegos transformarán as súas rúas, prazas e espazos de lecer en espazos literarios, sacando as librarías á rúa e programando contacontos, presentacións, charlas, mesas redondas e todo tipo de actividades para achegar a lectura a todos os veciños e veciñas. A Feira do Libro en Santiago de Compostela desenvolverase do 3 ao 11 de maio no Paseo Central da Alameda e o da Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez.
10% de desconto
Este ano o lema elexido para as Feiras do Libro de Galicia é ‘Onde florecen os libros’, un concepto especialmente visual que reflicte a realidade das feiras do libro: espazos onde a literartura agroma e crece, transformándose en infinitas propostas lectoras de todo tipo, como as propias flores silvestres no campo, ofrecendo propostas axeitadas para cada tipo de lector e enchendo de cor a imaxinación.
Todas as feiras contaráncon actividades culturáis para grandes e pequenos, e ofrecerán un 10% de desconto na compra de libros.
O cartáz deste ano, en colaboración con AGAPI, como no 2024, correu a cargo da ilustradora María Lapido, quen, traballando coa súa particular técnica, foi quen de reflectir na creatividade o concepto.