CompostelaCultura

Los Tiki Phantoms, no Riquela, e Shannon & The Clams, na Capitol, próximos concertos do Outono Códax Festival

Los Tiki Phantoms.

Non hai suela de zapato que resista o incontible desenfreo que provocan Los Tiki Phantoms, o cuarteto de música instrumental máis divertido e bailable da escena do surf rock estatal. O seu é un tsunami de surf rock visceral e sen complicacións que arroia e pon patas arriba todo o que atopa ao seu paso.

O concerto será hoxe, venres 15, no Riquela Club. Apertura de portas ás 20.30 h.

Los Tiki Phantoms -que se fan chamar El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería)- levan case tres décadas enriba dos escenarios, con presenzas en festivais de tanto calibre como o FIB, o Cruïlla, o Low Cost ou o Sonorama. Caracterizados por aparecer sempre nos seus concertos vestidos cun traxe negro e agachados tras unha máscara de caveira na cara.

As entradas teñen un prezo de 15 euros (+gx) en venda anticipada e 18 euros (+gx) na billeteira, cun aforo moi limitado. Están a venda física en A Reixa-Matrioska ou online en ataquilla.com.

Shannon & The Clams.

SHANNON & THE CLAMS

O Outono Códax quenta motores para recibir o xoves 21 xoves de novembro a unha das bandas máis agardados polo festival, Shannon & The Clams. Unha banda californiana con influencias do garaje rock, soul dos sesenta, doo wop e a primera psicodelia apadriñada e producida por Dan Auerbach, vocalista e guitarrista de The Black Keys, grupo ao que acompañan nas súas xirasn internacionais

Shannon & The Clams a Santiago para pechar a súa xira europea, na que están a presentar o seu sétimo disco, The Moon Is In the Wrong Place, editado neste 2024, trala morte do prometido de Shannon Shaw nun accidente de coche, a poucas semanas da súa voda.

O concerto será na sala Capitol (Apertura de portas ás 20.30 h) e os encargados de abrilo serán Mambas Negras, quinteto formado por grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek’s, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.