Julia de Cal, de La Parabólica: “Na cestaría atopei un medio de expresión máis humano, modesto e potentísimo”
Por Rebeca Munín
La Parabólica é, en palabras da súa creadora, "un proxecto de vida". Despois de pasar por varias etapas no mundo do deseño, Julia de Cal atopou na cestaría "un medio de expresión máis humano, modesto e potentísimo" que a enganchou por completo.
As súas liñas de traballo baséanse no respecto, na sostenilidade, na ética, nas condicións horizontais, nas colaboracións xustas e na creación de comunidade. Así, entre as súas pezas observamos infinidade de usos e posibilidades: desde utensilios para o fogar ata instalacións de gran tamaño.
Fotos: Samuel Ortiz Lois | Besta Cameras e J·Aragunde
Con 'La Parabólica' comenzamos a nosa serie especial de 'Entrevistas con xeito', nas que coñecemos 'o xeito' de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.