‘Fragmentos de Onte’, a exposición de Bodegas Martín Códax sobre o legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson, xa en Compostela
Bodegas Martín Códax inaugurou en Santiago de Compostela a exposición ‘Fragmentos de Onte’, despois do seu paso por Vigo e con motivo da Edición Especial do seu albariño. Unha selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que afonda na vida dun pobo grazas ós relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926. Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe.
Na Exposición Fragmentos de Onte, en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas e que estará aberta na Igrexa da Universidade, pódese ver unha mostra significatica do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson.
A Exposición é unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro da fotógrafa americana que recolle o traballo froito das expedición que fixo a Galicia entre 1924 e 1926. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.
Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo… En definitiva, toda a nosa cultura popular, a través das fotografías da americana.
Visitas guiadas
A Exposición na Igrexa da Universidade (Praza da Universidades s/n), que permanecerá aberta ata o 29 de xullo, terá un horario de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas, os sábado de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:30 horas.
Todos os sábado ás 11:30 horas haberá visitas guiadas da man de Sete Espadelas, comisarios da Exposición, e as entradas deberán reservarse previamente na web da Adega.
Edición Especial Fragmentos de Onte
A etiqueta habitual do albariño Martín Códax xa é en si mesma unha homenaxe á cultura galega e a un dos personaxes que máis contribuiu á consolidación do noso idioma. E agora, por tempo limitado, rendirá tributo ás profesións máis artesanais que se realizan en Galicia, e que, moitas delas, aínda permanecen.
As redeiras de Marín, as leiteiras de Muros, as mariscadoras de Carril o as palilleiras de Muxía, xunto cas oleiras de Niñodaguia en Ourense ou as vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra represéntanse en cada unha das seis botellas desta Edición Especial Fragmentos de Onte.
Toda a información da Edición Especial e da Exposición poderá atoparse na web de Bodegas Martín Códax.