Descarga o calendario do ano 2021 da Revista Pincha
Que difícil foi o ano 2020! Os dous sectores dos que falamos habitualmente en Pincha, o gastronómico e o cultural, sufriron e están a sufrir moito debido á pandemia da Covid-19. Así o contamos nos últimos números da revista en papel.
Comezamos agora o 2021 e, aínda que a incerteza segue sendo moi grande, temos postas moitas esperanzas nel. Serán doce meses nos que agardamos que Pincha siga ao voso carón 🙂 E que mellor que ternos presentes co calendario que creamos con fotografías de Iván Barreiro publicadas na nosa revista.
Podedes descargalo en pdf aquí: CALENDARIO PINCHA