Panadería de Compostela, coas raices e identidade do seu pan

Dende os polvoróns de améndoa, cocadas, mazapáns ou pasteliños de crema de manteiga como os de toda a vida. Turróns de chocolate como o Turrón Ouro, estrela da casa, recuberto de piñóns e pistachos. Ou os clásicos de chocolate intenso con améndoas ou abelás.
Ata os Panettones chegados das técnicas italianas das masas doces só con fermentos naturais. Nunha elaboración de tres días para chegar ao resultado dun bolo sutil e suave. Co sabor da mellor manteiga mesturada con diferentes froitas confeitadas ou co chocolate da mellor calidade.
O Nadal en Pan da Moa non deixa indiferente a ninguén.