fbpx
EntrevistasGalicia

Ana Alonso, de Cabuxa: “Tatuamos obras de arte orixinais de diferentes artistas nas nosas pezas de coiro”

Cabuxa é un obradoiro no que deseñan e confeccionan diferentes pezas de pel, sempre en colaboración con pintores ou ilustradores. "Dicimos que facemos arte na pel porque é como unha tatuaxe. Traspasamos obras de arte orixinais de diferentes artistas ás nosas pezas de coiro", sinala Ana Alonso.

Así, a través dunha técnica de estampación propia, elaboran bolsos, maletíns e moedeiros, ademais de material de libraría ou accesorios como pendentes, colgantes e aneis.

Ana explícanos na seguinte 'Entrevista con Xeito' como traballan e o que supón para eles contar coa marca de Artesanía de Galicia.