A CoruñaGastronomía

A provincia da Coruña prepárase para celebrar a penúltima Cea Secreta deste ano

Foto: Aigi Boga. 
Foto: Aigi Boga. 

As Ceas Secretas achéganse ao final desta edición e están a preparar un evento que promete ser un dos máis exclusivos celebrados ata o momento. 

A próxima noite máxica será o 11 de xullo nalgún lugar espectacular da provincia da Coruña. Por primeira vez, estas ceas ofrecerán unha cota única de entradas que incluirá o aloxamento. Tan só 10 das 30 entradas que sairán á venda terán a posibilidade de quedar a durmir nun lugar idílico.

Ata o día da cea, todo é un absoluto segredo. Os asistentes só saben a data e a provincia. Unha vez adquiran a súa entrada, irán chegando indicacións. O mesmo día da cea, a través de WhatsApp, fanlles chegar a localización e hora na que comezará esta máxica experiencia. 

Durante a velada, queda prohibido mirar o reloxo, para saborear sen présa, as incribles propostas dos Chef Alhambra máis vangardistas que elaboran deliciosos menús con produtos de proximidade de primeira calidade (Fresco & del Mar, A dos Capelo, 3Fuciños, Aceites Abril, Conservas Peperetes, Airas Moniz, Galletas mariñeiras, Portomuíños, La Bulanxería, Arean Naiciñas e Valrhona). 

A provincia da Coruña, forma parte da terceira parada deste periplo que finalizará nalgún lugar da provincia de Ourense o próximo mes de agosto. 

Asistir a este evento non é tarefa fácil, pois as entradas se esgotan con rapidez. Só hai que estar moi atento ás súas redes sociais (@cenasecretas) para poder ser un dos afortunados en vivir esta exclusiva experiencia.

ONyVÁ! e Cervezas Alhambra convídante a vivir unha experiencia para gozar sen présa cos cinco sentidos na que o tempo se detén. 

A anterior Cea Secreta celebrouse en Sabucedo, no recinto onde ten lugar a Rapa das Bestas, co chef Alhambra Adrián Albino, do restaurante Niño Corvo.
A anterior Cea Secreta celebrouse en Sabucedo, no recinto onde ten lugar a Rapa das Bestas, co chef Alhambra Adrián Albino, do restaurante Niño Corvo. Foto: Aigi Boga. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.