fbpx
CulturaGalicia

A Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal unen esforzos polo Día das Letras Galegas e de Internet

No mes da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego, a provedora de servizos dinahosting e PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Este agasallo está valorado en máis de 170 euros.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.

“Unha oportunidade para unir forzas e mostrar a utilidade da nosa lingua na rede”, sinala o presidente da AMEGA, Pablo García (Radio Estrada) no marco do seu 10º aniversario.

O porqué de Subscríbete ao galego

Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queremos contribuír a un maior uso da lingua na Internet.

Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio, ou iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. É un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.

Ao mesmo tempo, esta campaña supón un reforzo para cada un dos medios que participan, pois apórtarlle valor engadido ás persoas que queiran subscribirse é a mellor forma de seguir gañando base social e de que os medios galegos gañen peso.

Os medios con suscrición que participan nesta campaña son:

Nós Diario

Tempos novos

Praza.gal

Luzes

Revista Mazarelos

Código cero

Nós TV

A Trave de Ouro

Radiofusion

Ademais, apoian a campaña os seguintes medios (que non teñen suscrición), GCiencia, GaliciaConfidencial, Quepasanacosta, Revista Pincha, Revista Inviable, Radio Estrada, Lindeiros, Novas do Eixo Atlántico, XornaldaCoruña e O Barbanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.