#BORDE De borde non ten nada
Por César Varela [Rock Compostelán]

Pode que algunha vez tropezara sen querer cunha roda do coche contra unha beirarrúa, ou que nalgunha ocasión estivese ao borde do precipicio, pero pódovos asegurar que de borde non ten nada, máis ben todo o contrario. É un encanto.
O nome ven doutra cousa, pero eu son coma un nicho e non vos vou contar nada. Se algunha vez tropezades con el pola rúa, preguntádesllo, de acordo? Seguro que vos responde encantado.
É #BORDE, pero non gosta das fronteiras que son arames de espiño, que enfrontan e dividen a alma humana.
Por fin o seu proxecto completamente en solitario. A súa idea deste xeito de cuspir cancións, é facer letras ou pedir algunhas prestadas. Dende que comeza cunha letra, nun día ou dous como máximo, se ten a música, grava coma pode, desafinando incluso (para estudar a súa evolución) e logo gravalos en estudio e facer o seu espectáculo #BORDE: El só no escenario sen axuda. Ben, cunha Loop Station e os seus instrumentos, claro está.
Comezou a súa aventura da ausencia de fronteiras en marzo do 2025 e dende ese día ata agora, leva subidos a súa cale de YouTube unha chea de vídeos musicais.
O concepto de fronteira non existe na súa cabeza, de feito as músicas de tradición oral ou folclórica non se axustan ós límites territoriais. Naceu en Zamora e as gaitas por exemplo de Sanabria ou Aliste aínda sendo de afinacións, toques “pechados” ou ornamentacións diferentes, son moi similares na escoita ás músicas tradicionais galegas. Nesas zonas incluso se fala galego. É por iso que #BORDE actúa sen fronteiras de pensamento crítico, estilos musicais e apertura a calquera tecnoloxía ou instrumentos musicais. Por suposto que emprega métodos de intelixencia artificial para moitos dos temas que sobe. Un tema completamente “orgánico” pode levarlle dous ou tres días e se necesita glosar algún tema de actualidade inmediata non chegaría a tempo. Unha vez feita unha letra, calquera das aplicacións que emprega e aportando os prompts adecuados nun minuto ou minuto e medio, moitas veces queda máis que satisfeito para o seu obxectivo.
A primeira e de momento única actuación de #BORDE fíxoa en Boiro, no contexto dunha exposición da artista plástica Moldavia Natasha Lelenco, na galería La Doce, o 23 de xaneiro do 2026.
Nos dous QR que aparecen nesta páxina podedes acceder ás listas de reprodución en YouTube de #BORDE e a pequena escolma á que el lle chama: ‘Grupos de Suso Alonso. Enjoy it’.
Agardamos velo moi pronto polos escenarios galegos, xa que paga moito a pena. Non te perdas as súas listas de reprodución. Desfrútaas con moita calma.