Conta atrás para o Galicia Wine Taste 2026

Restan xa poucos días para a celebración da segunda edición do Galicia Wine Taste. O Hotel Monumento San Francisco acollerá este evento o vindeiro luns 23 de marzo, en horario de 10:00 a 18:00 h, con máis e novos proxectos que, segundo a organización, farán que sexa de novo unha “gran xornada vinícula”.
Galicia Wine Taste naceu como unha resposta evidente e necesaria para completar unha carencia na zona. Esta mostra dirixida a persoas profesionais, amateurs ou amantes do viño, ten como obxectivo ofrecer un evento de calidade que represente todo o magnífico traballo realizado na Galicia vinícola nas últimas décadas e que, sen dúbida, a posicionou na punta do iceberg do viño a nivel mundial.
Na páxina web Galicia Wine Taste xa se poden consultar os 67 proxectos que estarán presentes nesta segunda edición, procedentes de Galicia e do veciño Bierzo, xunto con algunhas adegas nacionais e internacionais. E aínda se agardan algunhas sorpresas!
No evento participarán tamén Airas Moniz e Cien por Cel. E como novos colaboradores, suman a presenza de Hobart, para un continuo lavado e secado das copas top Italesse.
Aposta social
As entradas para asistir á segunda edición do Galicia Wine Taste xa están dispoñibles na súa web: Entradas
O 20% do recadado irá destinado ás asociacións AsTEAvi para a inserción laboral de mocidade con autismo e Discamino, que busca superar barreiras físicas e mentais, fomentando a inclusión e o deporte adaptado.
