O Soho Orzán celebra o seu III aniversario con arte, animación e o II Concurso de Petiscos

O sábado 8 de novembro a zona do Soho do Orzán encherase de sabor, cor e creatividade coa nova edición de Feirarrúa, organizada pola Asociación Soho Orzán, en colaboración co Concello da Coruña. Celébrase así o terceiro aniversario desta feira cunha xornada que combina gastronomía, arte e actividades para toda a familia.
II Concurso de Petiscos
A Revista Pincha colabora coa Asociación Soho Orzán na organización do II Concurso de Petiscos. O público poderá gozar dunha ruta doble de degustación: Ruta Salgada, na Praza Cormelana (de 12:00h a 16:30h), e Ruta Doce, dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista (de 12:00h a 20:00h). Os petiscos terán un prezo único de 3,50 euros.
Un xurado formado por Diana Sobral Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña; Pablo Gago, gañador da I edición do concurso; Borja López Cotelo, representante da Asociación Soho Orzán; Antía Yuste, profesora de cociña e gastronomía do CIFP Paseo das Pontes; e Carlota Fariña, xornalista e creadora de contido gastronómico, elixirá o Mellor Petisco Salgado e o Mellor Petisco Doce. A entrega de premios será a partir das 17h na Praza Cormelana / Ese Sitio (r/ Orzán 194 baixo)
Competirán por estes galardóns na ruta salgada: Yebra (Lentejas al curry), A Capela (Salmón curado en agua de mar), La Lengua de la Suegra (Barquilla de lengua estofada con arroz/puré), A Espiga (Esmagao’ de orella de porco crocante, queixo afumado, berza frita e chimichurri picantón), Pablo Gallego (Bocadillo de milanesa con salsa “Gravlax”), Toloache (Bocoles tuxpeños), A Chousa de Abaixo (Bocata de calamares de la ría con salsa A Chousa), Miña Nai (Ensaladilla de langostino), Ártabro Brioche (Brioche de langostino e aguacate con salsa mayosiracha e esferas de salmón) e A Empanadería (Empanada de chipiróns con cebola caramelizada)
En canto ao premio doce, loitarán por el Dulces Sueños (Tiramisú de Lotus), Pan e Canela (Taco doce), Pistachio Pastel (Macaron), O Pettit (Tarta de queixo) e Praliné (Profiteroles Soho).
Mercado de Arte e Área Infantil
De 12:00h a 20:00h haberá mercado de arte local e exposicións na zona peonil do Orzán, coa participación de artistas como: Dime Plaga · Gisela Galván · Moai Diseño · Begoña Pastoriza · Cris Alborja · Antón López Bazarra · Mhaseba · Xulia Weinberg · Estefanía e Miriam Domínguez Cagigao · Cándida Malicia
A zona infantil, situada tamén entre Praliné e a Praza de Vista, contará con actividades e obradoiros en dous turnos: de 12:30h a 14:00h e de 17:00h a 19:30h.


