A CoruñaCulturaGastronomía

Xardín Alhambra abre as súas portas na Coruña con novidades na súa programación

Xardín Alhambra abre as súas portas na Coruña, por cuarto ano consecutivo, para ofrecer aos seus visitantes a oportunidade de vivir experiencias únicas nunha contorna inigualable, converténdose así no punto de encontro onde gozar dun oasis dentro da cidade herculina.

Grazas á colaboración do Consorcio de Turismo da Coruña, o Parque de Santa Margarita (Chaira Casa das Ciencias) será de novo o escenario desta edición 2024, que estará aberta ao público ata o próximo 29 de setembro. Xardín Alhambra inaugurouse nun evento que contou coa presenza de Javier Vilar Sancho, Director de Marketing de Cervexas Alhambra, e perfís influentes do ámbito da arte, a música, a gastronomía e o lecer da cidade e que culminou cun concerto de Queralt Lahoz, recentemente galardoada cun dos prestixiosos premios Music Moves Europe 2023.

O espazo contará cun completo programa de actividades, ofrecendo aos seus visitantes a oportunidade de gozar de plans diferentes de martes a domingo en horario de 19:00h a 23:30h os martes, mércores e xoves; de 19:00h a 01:00h os venres, de 13:00h a 01:00h os sábados e de 13:00h a 23:00h os domingos.

Os visitantes poderán volver gozar dos mellores plans de lecer mentres descobren sen présa, neste singular espazo, todas as variedades de Cervezas Alhambra maridadas coa mellor gastronomía local na zona de restauración que estará a cargo do restaurante Árbore da Veira.

Xardín Alhambra contará cunha variada programación de actividades como catas de cervexa, experiencias gastronómicas exclusivas ou talleres de artesanía. Ademais, súmanse íntimos concertos acústicos de artistas como Caamaño&Ameixeiras e Tulsa e DJ sesions. As actuacións musicais do espazo enmárcanse dentro dos seus Momentos Alhambra, o ciclo de concertos pensado para gozar dunha cervexa combinada co pracer de sentir a música creando momentos únicos.

Xardín Alhambra contará cunha ampla proposta de plans para todos os gustos. Para os amantes da cervexa, organizaranse catas conducidas por Beer Sommeliers de Cervezas Alhambra, onde os asistentes poderán degustar e aprender sobre o proceso de elaboración das diferentes gamas de produto da marca.

Unha das grandes novidades desta edición son as ceas maridadas, deseñadas polo chef Luis Veira e Beer Sommeliers da marca que se encargarán de sorprender o padal dos alí presentes con sabores únicos.

E, como non, para quen queira enriquecer aínda máis a experiencia cervexeira cunha clase gastronómica maxistral, baixo o título de “Talleres Saborea Con…” volverán celebrarse talleres gastronómicos dirixidos polos chefs Alhambra Rafa Centeo e Lucía Freitas.

Ademais, fiel ao seu lema, Xardín Alhambra contará cada venres cos Talleres Sen Présa, nesta ocasión, baseados en disciplinas como a pintura acrílica, a decoración floral ou a cerámica impartidos por Jaspeart, Floradeira e Lamaelume, respectivamente.

As actividades programadas que requiran inscrición previa, como as catas ou os talleres, desenvolveranse en espazos independentes reservados para iso dentro do recinto. Só no caso dos concertos requirirase dispoñer de entrada para acceder ao espazo.

Xardín Alhambra

Programación Xardín Alhambra para a fin de semana:

Venres 13 de setembro

• 19:15h Taller sen présa con Jaspeart

• 20:00h DJ Mou

Sábado 14 de setembro

• 13:15h Cata Lúpulo e aroma

• 13:30h Sesións sen présa (DJ Fat Fish e tapas a cargo de Restaurante ChíFán)

• 14:30h Cata maridada Sabores do sur

• 19:30h Cata Ingrediente e matiz

• 20:45h Cata Receita e orixe

Domingo 15 de setembro

• 13:15h Cata Malta e sabor

• 13:30h Sesións sen présa (DJ Sofía África e tapas a cargo da Esquina de Valentina)

• 14:30h Cata maridada Sabores de Galicia

• 19:30h Cata Receita e orixe

• 20:45h Cata Ingrediente e matiz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.