A CoruñaGastronomía

Xa podes gozar da Alhambra Reserva 1925 servida en billa nunha selección de locais da Coruña

Nestas datas, cando os plans e os encontros se multiplican, Cervezas Alhambra ofrécenos unha proposta nova no ano do seu centenario: gozar do sabor da súa cervexa máis icónica, Alhambra Reserva 1925,  por primeira vez servida de billa.

Esta nova forma de gozar do sabor de 1925 xa se pode atopar en máis de 400 bares e restaurantes de toda España, e nunha selección de locais da Coruña que se poden consultar nun mapa interactivo dispoñible na web de Cervezas Alhambra.

A arte de degustar esta extraordinaria cervexa adquire un novo significado coa súa nova billa e o ritual creado para a ocasión: “Copete 1925”, un servizo diferente que vén acompañado dunha nova copa de talo alto que o complementa á perfección. Un “perfect serve” que se caracteriza por facer do tempo un ingrediente máis, onde o que máis chama a atención é unha crema densa que forma un característico “copete”, axudando a capturar os aromas da cervexa.

A nova billa de Alhambra Reserva 1925, a Columna Centenario, é toda unha homenaxe aos 100 anos da marca. Unha peza única elaborada mediante un proceso artesanal de vidro soprado, que rende homenaxe ás orixes da marca. Unha creación artesanal onde a marca volveu a colaborar con Andreu Carulla e que reforza a unión entre deseño, hostalería e goce sen présa, convidando os consumidores a vivir unha experiencia diferente cada vez que saborean unha copa de Alhambra Reserva 1925.

As billas da Coruña cobran vida a través da ilustración

Para a ocasión, colaborouse coa artista galega, Sandra Martínez (@minailustraciones) que ilustrou un mapa da cidade herculina onde se poden ver os locais que xa dispoñen da Columna Centenario.

Entre os locais do mapa atópanse: Almacén Concept Store, Bow 9, La Esquina de Valentina, Concha, Kaffa, Cícero Restaurante e A Buserana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.