CompostelaGaliciaGastronomíaPublirreportaxe

Unha hostalaría moito máis sinxela, rápida, segura e eficaz con CashDro e HioPOS Galicia

Os locais composteláns Vitela Cachopería e Puñal relatan a súa experiencia con estas ferramentas de xestión de restaurantes

Antonio Puñal (á esquerda) xunto con parte do seu equipo e as PDAs que empregan. Foto: Iván Barreiro
Antonio Puñal (á esquerda) xunto con parte do seu equipo e as PDAs que empregan. Foto: Iván Barreiro

HIOPOS GALICIA é un conxunto de máis de dez empresas distribuidoras localizadas en toda Galicia especializadas en solucións tecnolóxicas para empresas, especialmente no ámbito da hostalaría. Son distribuidores para toda Galicia de marcas como CashDro e HioPOS, ofrecendo unha combinación de TPVs, software de xestión empresa++rial, caixas intelixentes e sistemas de pedidos, entre outras cuestións.

Con eles, redúcense os tempos de espera, axilízase o servizo do restaurante e mellora a comunicación entre sala e cociña. Tamén se evitan erros de elaboración, porque os comandos chegan directamente ás pantallas da cociña dunha forma clara e concisa. Ademais, o sistema prevé cando haberá falta de stock e automaticamente realiza previsións de compra.

Por outro lado, co sistema de cobro CashDro o efectivo sempre está seguro. Evita perdas descoñecidas e minimiza posibles roubos.

Cada vez son máis os locais de hostalaría que se animan a traballar con estas ferramentas. Entre eles, imos coñecer a experiencia de dous negocios composteláns: o café restaurante Puñal e a cachopería Vitela.

RESTAURANTE PUÑAL

Con preto de 70 anos de historia, o restaurante Puñal, en Galeras, é especialista en comida tradicional. Foron os avós de Antonio, o actual xerente, os que iniciaron o negocio despois dun traspaso no 1959, recibindo a moita clientela non só de Santiago, senón de toda a contorna que acudía ao antigo Hospital Xeral.

Máis tarde foi a súa nai, Carmen, a que tomou as rendas, ata a súa xubilación o ano pasado. Hoxe en día aínda seguen a cociñar os callos, o caldo, o xarrete, o cocido, a sopa, o raxo... como o facía ela. Antes de retirarse, ensinoulle ao actual xefe de cociña todos os seus segredos. “Era unha cousa que nos facía rir moito ao principio porque as medidas ían por puños. Se hai que botarlle sal, a medida é medio puño; ou un puño máis xeitoso, ou un puño...”, conta Antonio entre risos.

O local, que ofrece un amplo menú do día con 10 primeiros e 10 segundos, obtivo en dúas ocasións o recoñecemento como Solete da Guía Repsol.

En Puñal fai dous anos que comezaron a traballar con HIOPOS GALICIA-Solco e para eles xa é como contar cun empregado máis. “Temos a máquina rexistradora, comandeiros, unha pantalla na cociña... Isto para nós supuxo o mesmo que ter un camareiro máis. É incrible!”, asegura Antonio. E explica por que: “Antes cando tomabas unha comanda, sobre todo fóra na terraza, o procedemento era ir á cociña a cantala e despois seguir. Agora vai todo automático. Eu estou nunha mesa na terraza e salta a comanda directamente na pantalla da cociña. E ademais alí tamén é moito máis sinxelo saber a orde dos pedidos. É unha pantalla táctil. E fai outra cousa moi importante para nós, que é que agrupa os artigos; entón se nunha mesa hai tres de calamares e dúas de ensalada rusa e na mesa seguinte hai outra de calamares, aparecen catro de calamares. Así somos moito máis eficientes, facemos ás catro á vez e somos moito máis rápidos”.

Por todo isto Antonio ten claro que recomendaría as ferramentas de HioPOS e CashDro a outros hostaleiros.  “Non é un gasto, é unha inversión”, sentencia.

Alejandra Vidal abriu Vitela Cachopería fai un ano en Santiago. Foto: Iván Barreiro
Alejandra Vidal abriu Vitela Cachopería fai un ano en Santiago. Foto: Iván Barreiro

VITELA CACHOPERÍA

Inspirado no éxito do restaurante La Cantina Sixtina, en Oleiros (A Coruña), e conservando a súa principal especialidade, os cachopos, fai un ano que abriu a súas portas en Santiago, Vitela Cachopería. Situado na rúa do Preguntoiro, este proxecto segue a idea de Ramón Vidal, pero nas mans da súa filla, Alejandra. Despois de estudar hostalaría e facer prácticas en diferentes lugares como Barcelona, decidiu lanzarse a xestionar este novo negocio familiar.  “Foi un proceso complicado. Os comezos sempre son difíciles. Ademais eu teño 29 anos, son muller e iso á hora dunha figura de mando custa un pouco máis, sobre todo liderando equipos de tanta xente”, confesa. Pero máis forte que as dificultades foi a ilusión por sacar adiante un local na cidade que a viu nacer seguindo “o concepto que ten meu pai na Coruña, pero dándolle unha volta, con outro tipo de servizo, de local e de carta, con propostas máis creativas, para compartir...”.

Así, en Vitela -o único local deste estilo que hai actualmente en Santiago- contan co seu propio obradoiro no que elaboran cachopos a diario. Na carta atopamos o cachopo para dúas persoas –“aínda que hai xente moi valente que o toma ela soa!”, destaca Alejandra. Tamén ofrecen o cachopín, que ten a metade de tamaño, e o panchopo, que vai entre pan. “Trátase dunha capa moi fina crocante, e leva tomate, leituga e cebola, o que lle dá un frescor que o fai moito máis lixeiro. Eu animo moito a probalo porque realmente está moi bo!”, afirma.

Á parte dos cachopos, tamén destacan o seu marabilloso steak tartar con carne de rubia galega e o seu lombo de robaliza á bilbaína. Ademais, como están ao lado do Mercado de Abastos de Santiago, traballan moito tamén cos fóra de carta, apostando por mariscos, peixes e outros produtos de temporada como os pementos de Herbón. E como sobremesas, todas caseiras, Alejandra recomenda a súa tarta de queixo. “É o noso best seller”.

Desde o primeiro día que abriron as súas portas en Vitela, o 21 de setembro do 2024, contaron cos servizos de HIOPOS GALICIA-Solco. “Meu pai xa traballaba con eles na Coruña e eu quixen mantelo aquí porque me parecía algo moi cómodo á hora da xestión do servizo. Ademais da seguridade que che dá que ninguén poidan entrar na caixa, nin se poida manexar os cartos desa maneira tan libre; o estar todo ligado -os cobros, coas comandas, cos stocks, o inventario...- aforra moito traballo”, sinala a xerente. “O noso persoal está moi feliz. Cando ven que é un comandeiro que ademais cobra, que non teñen que estar dun lado para outro... están encantados! É ademais moi fácil de utilizar, é moi intuitivo. O camareiro toma nota na mesa e xa lle sae a comanda na cociña, non ten que avisar, e á hora de cobrar xa ten todo anotado. O servizo é máis rápido. O que máis destaco é a súa practicidade. Recomendaríao, sen dúbida, a outros negocios. Eu estou moi contenta”, engade.

Se ti tamén queres mellorar o teu servizo no teu local de hostalaría, podes contactar con

HIOPOS GALICIA

881 240 180
ou a través da páxina web
www.hioposgalicia.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.