GaliciaGastronomíaNovas

Os chefs Luis Veira, Manel Rial, “Josiño” e os irmáns Guillermo e Diego Centeno aderezarán o ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos 2025

Os chefs Manel Rial (Ristorante Il Popolo), Luis Veira (Árbore da Veira), José Manuel Martínez “Josiño” (Gastroteca Salvaxe) e os irmáns Guillermo e Diego Centeno (Vértigo) súmanse ao cartel de Momentos Alhambra Acustiquísimos este 2025 para preparar os persoais aperitivos que se degustarán en cada un dos concertos do ciclo. Así, esta serie de directos íntimos en espazos singulares de Galicia, organizado por Art Music co patrocinio de Cervezas Alhambra, incorpora a gastronomía ás súas experiencias musicais por terceiro ano consecutivo.

En 2025, este singular ciclo de concertos en acústico xa imprescindible do outono galego regresa durante tres fins de semana para celebrar a súa oitava edición a golpe de experiencias sonoras únicas e irrepetibles, poñendo o foco na calidade sonora e na experiencia próxima para o público. Do 15 ao 29 de novembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos volve a Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo da man de catro proxectos que marcaron o ritmo das últimas xeracións: Marlena (o sábado 15 de novembro, ás 21.30h, no Hall do Teatro Afundación, con tapas de autor do chef Manel Rial, do Ristorante Il Popolo, en Cangas; Christina Rosenvinge, en formato dúo acústico (o venres 21 de novembro, ás 21.30h, no Salón Atlántico de Árbore da Veira, na Coruña, con tapas de autor do chef Luis Veira); Zahara (o sábado 22 de novembro, ás 21.30h, no Patio de Cristal de San Francisco Hotel Monumento de Compostela, con tapas de autor do chef José Manuel Martínez “Josiño”, da Gastroteca Salvaxe); e La Habitación Roja (o sábado 29 de novembro, ás 21.30h, no Círculo das Artes de Lugo, con tapas de autor de Guillermo e Diego Centeno, de Vértigo, en Doade).

As últimas entradas para La Habitación Roja no marco de Momentos Alhambra Acustiquísimos están dispoñibles a través de Ataquilla.com, mentres que os tickets para Marlena, Zahara e Christina Rosenvinge están xa esgotados.

Sobre os chefs

Manel Rial, do Ristorante Il Popolo, Manel Rial é natural de Aldán, en Cangas do Morrazo. Naceu e criouse entre os fogóns dun restaurante familiar no medio de potas e clientes. Toda a súa infancia impregnouse de sabores e cheiros que, tanto lle gustaron, que que decidiu formarse na Escola Superior de Hostalería de Santiago de Compostela.

O talento de Luis Veira (A Coruña, 1978), do restaurante Árbore da Veira creceu entre fogóns con Estrela Michelin, pero a súa paixón pola cociña forxárona a medias os guisos da súa tía avoa, a madriña, e as caldeiradas do seu avó. Tras unha longa aprendizaxe en cociñas de España e Francia xunto a grandes referentes gastronómicos, Luis regresou á cidade da Coruña para sentar as bases da súa cociña e das súas receitas, conseguindo unha Estrela Michelin en 2010. A súa inquietude, a súa paixón pola innovación e a súa continua experimentación lévanlle ao seu último proxecto, Árbore da Veira, que abriu en outubro de 2012 e co que, en tan só o seu primeiro ano de vida, logrou obter a súa actual Estrela Michelin.

José Manuel Martínez “Josiño”  (Tordoia, A Coruña, 1991) representa a nova cociña galega de mercado. Tras formarse e traballar en recoñecidos proxectos dentro e fóra de España, na Gastroteca Salvaxe, en Santiago de Compostela, ofrece unha proposta fresca, sincera e con identidade. O seu selo: produto local e de tempada, aderezado coa elegancia da sinxeleza.

Guillermo e Diego Centeno son dous irmáns criados entre fogóns; dous chefs moi novos que, despois dun tempo absorbendo técnicas e coñecementos nos negocios familiares, transmiten a súa frescura e innovación na cociña do restaurante Vértigo, situado en Doade (Lugo).

Directos únicos e os mellores bocados

Catro concertos, catro cidades, catro recintos próximos e singulares. Momentos Alhambra Acustiquísimos son voces únicas para momentos musicais exquisitos. Este outono regresa un ciclo en formato íntimo xa imprescindible en Galicia, onde artistas e públicos relaciónanse sen barreiras a través da música en acústico. O resultado: catro noites musicais para o recordo.

No mes de novembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos celebrará a súa oitava edición en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo coa complicidade de catro proxectos femininos que marcan o ritmo da nosa xeración. As súas voces chegarán aderezadas, de novo, da mellor gastronomía, que será, un ano máis, outra das grandes protagonistas da cita. Así, algúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia prepararán os seus persoais aperitivos para degustar en cada un dos concertos en vivo.

O ciclo conta co patrocinio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, continúa apoiando esta iniciativa, reafirmando o seu compromiso coas experiencias únicas que convidan a gozar sen présa, dedicándolle a cada momento o tempo que merece.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.