Marcos Coll presenta ‘Nómade’ na Sala Capitol
‘Nómade’ é o título do segundo álbum en solitario de Marcos Coll, un traballo producido por Depedro no que demostra a súa arte mesturando a música tradicional galega coa armónica.
O compostelán presentará este disco na súa cidade nun concerto que albergará a Sala Capitol este sábado, 14 de decembro, a partir das 21.30 horas (apertura de portas ás 20.45 h).
Será unha actuación moi especial pois, ademais de Marcos Coll e a súa banda, veremos sobre o escenario a moitas amizades, como A Pedreira, Depedro, Adrián Costa, Marga Tojo, Atrïo… entre outras sorpresas.
As entradas para este concerto poden mercarse aquí.