Máis de 70 Estrelas Michelin participarán na 11º edición Estrelas no Camiño de Santiago
A Praza de Abastos de Compostela acolleu a presentación da 11º edición de Estrelas no Camiño de Santiago. A cita, que este ano terá lugar os días 1 e 2 de xuño, reunirá de novo as figuras máis importantes do panorama gastronómico nacional por unha boa causa.
O acto foi presentado polo seu promotor, Rogelio Rial, que agradeceu a resposta masiva que dan sempre os seus colegas de profesión. “Son eles os que fan grande este evento”. Unha cita na que, explicou Rial, non faltarán Martín Berasategui, Elena Arkaz ou Jordi Cruz. Tamén haberá unha importante representación da cociña galega. De feito, na presentación estiveron presentes parte deles coma os Estrellas Michelin Pepe Vieira, Yayo Daporta e Áxel Smyth.
Este ano, os fondos recadados irán destinados a dúas asociacións que centran o seu labor na saúde mental. Trátase da Asociación saúde mental A Creba e a Fundación de persoas con discapacidade intelectual Barcala. En representación destas entidades, tomou a palabra Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia que explicou o traballo que fan día a día. “O noso obxectivo dende o século pasado é conquerir que os nosos usuarios teñan dereito a unha vida normal. Que sexan felices. Ahí temos postos os nosos esforzos”.
Dende os seus inicios, o evento conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia. O seu director, Xosé Manuel Merelles, salientou a importancia deste tipo de eventos a nivel turístico. “Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago sitúanos coma un destino de excelencia gastronómica”. Quixo lembrar o Director de Turismo de Galicia que “temos unha gastronomía de primeiro nivel internacional e que cada vez aporta máis a prosperidade económica da nosa comunidade”.
Na rolda, presentada pola actriz e presentadora Isabel Blanco, tamén tomou a palabra Guillermo Fernández Iglesias, delegado comercial HdR de Santiago, como representante dun dos principais colaboradores privados do evento. Dende Hijos de Rivera amosáronse orgullosos de poner o seu gran de area neste tipo de citas solidaria. “Somos unha compañía familiar onde os valores sociais son parte esencial da nosa filosofía”.
A axenda do evento arrancará o día 1 de xuño, cando os cociñeiros convidados desfrutarán dunha experiencia inmersiva na ría de Muros-Noia co produto galego como protagonista. Xa o día 2, na Finca Casa Barqueiro en Gonte, terá lugar a feira gastronómica da que desfrutarán tantos os chefs convidados coma o asistentes. Posteriormente celebrarase a cea, tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcookings na que non faltará a animación e a música.
Entre as estrelas Michelin convidadas a Gonte cabe salientar nomes da tallaxe de Martín Berasategui, Elena Arzak, Jordi Cruz, Valerio Carrera, Marcos Granda, Paco Roncero, Francis Paniego, Hugo Muñóz, Mario Sandoval, Kiko Moya, Manuel Costiña, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Iñaki Aldrey, Brais Pichel, Axel Smyth… entre outros moitos cociñeiros de renome nacional e internacional.
As entradas estarán á venda en https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/varios/488-lugar-de-gonte-/x3ahqb2t-estrellas-solidarias-en-el-camino-de-santiago
Para os que non poidan asistir pero desexen colaborar a través da mesa cero poden achegar a súa doazón: Nº de conta: ES93 2080 0301 2730 0021 8311 (Asociación Saúde Mental A Creba) e Nº de conta: ES34-0238-8191-83-0603042665 (Fundación de personas con discapacidad de la comarca de Barcala).