Fernando Castro, de El taller de Fer: “As nosas pezas de coiro teñen gran carga de deseño”
Foto: Eduardo Armada
Fernando Castro está á fronte de 'El taller de Fer', unha tenda-obradoiro na rúa de San Pedro adicada a crear pezas de coiro de uso cotián (carteiras, bolsos…) e últimamente tamén xoias. Deseño, cores, liñas curvas, peles suaves, brandas e modernidade e son as características das súas creacións.
O artesán, cuxo proxecto conta coa marca Artesanía de Galicia, concedeunos unha entrevista que podedes ver a continuación: