Dez días de troula para todos os públicos nas Festas do Apóstolo 2026

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro, presentou a imaxe do Apóstolo 2026 e o programa completo nunha rolda de prensa na que participou tamén a deseñadora do cartel, Iria Aldegunde.
Pilar Lueiro destacou que a proposta deste ano “segue a liña de anos anteriores con programación diversa, inclusiva, para todos os públicos e poñendo en pé de igualdade a cultura de noso con outras manifestacións artísticas chegadas doutras latitudes”.
Cartel inspirado na obra de Camilo Díaz Baliño
A concelleira de Festas apuntou que o cartel do Apóstolo 2026 homenaxea o pintor, escenógrafo e pioneiro do deseño galego Camilo Díaz Baliño e lembrou que este verán se cumpren 90 anos do seu asasinato, así coma o de Lorca ou Ánxel Casal, entre as vítimas do golpe militar do 36. Nese tempo, Díaz Baliño levaba dez anos sendo o autor dos carteis das festas compostelás.
Iria Aldegunde recorreu ás palabras de Vicente Risco para aludir aos catro elementos que configuran a composición na obra de Díaz Baliño: o casamento do Ideal coa Tradición, da Esperanza coa Lembranza. Neste caso a Tradición atópase na Catedral, púrpura como o traxe dos cardeais e que reflicte a fe, a paz e a liberdade; a cor verde da Esperanza está na noria, un dos elementos máis icónicos das festas compostelás, que representa a alegría precisa para seguir adiante; e a Lembranza, na figura feminina central, inspirada no icónico cartel de Díaz Baliño en prol do Estatuto de Galicia.
A paleta de cor está inspirada na segunda etapa do deseñador con azuis solemnes e o estilo bebe de períodos posteriores, caracterizadas pola expresión do esencial na forma.
Iria Aldegunde é unha ilustradora compostelá que compaxinou os seus estudos de filoloxía coa súa formación en cómic na escola profesional de banda deseñada O Garaxe Hermético de Pontevedra. Participou nos libros colectivos Florencio (2022) e Gaspariño XXI (2023). No 2024 adaptou a cómic Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.

Calidade e diversidade cultural
En canto ás actuacións, Pilar Lueiro subliñou que “o programa está feito buscando o desfrute da xente dende a calidade e diversidade cultural e para que chegue a todas as idades”.
O estilo versátil centrado na música clásica da Real Filharmonía para comezar as festas o día 22, dará paso no mesmo escenario ao reggae do londinense Julian Marley o día 23. Na véspera do día grande, como estaba xa anunciado, poderase gozar da música tradicional mexicana de Lila Downs e da mestura de pop, tradicional galega e latinoameriana de Belém Tajes.
O 25 serán as Xornadas do Folclore para ir abrindo boca de cara á xornada do domingo co Tradfest con música, artesanía, animación, a Banda Municipal de Música con Pedro Lamas, o Día do Traxe … “en definitiva, máis de 12 horas de música de inspiración tradicional con participación de artistas de Galicia, Arxentina, Portugal, Escocia e Castela”, explicou a responsable municipal de Festas.
O luns chega con forza o rock and roll da man da gaditana La perra blanco, en contraste co que atoparemos o martes 28 cunha festa xitana galega, A Tarara, con moito flamenco galego e non galego.
Pasado o ecuador das festas, chega a madrileña Bewis de la Rosa, o mércores 29; mais a impulsora do rap rural non estará soa na Quintana, ao escenario tamén subirá Eris Mackensie con fusión de electrónica con música galega.
O xoves 30, sobe ao escenario a banda de mulleres de indie rock, Shego, no que será o concerto Estrella Galicia destas festas e xa o ramo ao escenario da Quintana poñerallo a música en galego de The Rapants.
Orquestras, música de cámara e cinema e alboradas
Na Alameda actuará o xoves 23 a Orquestra Finisterre, o 24 a Compostela, o 25 Tania Veiras y los Cumbiapop, o 30 Costa Dorada e o 31 Suavecito.
Tampouco faltarán á cita coas festas a música de cámara dos Peregrinos musicais: o luns 27 e mércores 29 no Teatro Principal, martes 28 en San Martiño Pinario.
Volve ademais un éxito de anos pasados como é o ciclo Compostela Cinema con proxeccións de luns 27 a xoves 30, que serán na praza da Lavacolla, praza da veciñanza na Gracia, exterior do centro sociocultural de Berdía e parque Eugenio Granell.
A música tradicional da cidade estará ben representada polos grupos Muiñeiros do Sarela, Pana Raiada, o Castro de Figueiras, Pena Maior de Marrozos e o Grupo Novo Río Sarela nas alboradas que percorrerán a cidade nas mañás das festas. Sen esquecer como peche o día 31 os Cantos de taberna no barrio de San Lázaro e na rúa de San Pedro con Xirandaina e Os Estalotes.
Haberá ademais xadrez ao aire libre na Alameda, baile moderno na Quintana, a Festa Pícara o día 23 no Parque de Galeras de 17.30 a 21.00 horas. As populares atraccións estarán instaladas na Alameda do 19 de xullo ao 2 de agosto e os fogos artificiais lanzaranse coma o ano pasado desde tres puntos (a Alameda, a escalinata das Fontiñas e a Cidade da Cultura) o día 24 e desde a Alameda o 31. A persoa encargada de ler o pregón será anunciada nos vindeiros días.
Como en anos anteriores haberá un Punto lila na Alameda do 22 ao 31 de xullo de 20.00 a 1.00 horas e tres días de atraccións sen ruído: de 17 a 19 horas os días 21, 28 e 29.
Programa
MÉRCORES 22 xullo
20 H
CONCERTO
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director
Lada Bockova, soprano
PRAZA DA QUINTANA
21.30 H
PREGÓN desde o balcón do Pazo de Raxoi
PRAZA DO OBRADOIRO
XOVES 23 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo dos Muiñeiros do Sarela
DO AVÍO DE ARRIBA Á PRAZA DE VIGO
12 H
MOSTRA DE DANZA URBANA
AVD 173 – ESTUDIO DE DANZA URBANA
PRAZA DA QUINTANA
21 H
CONCERTO
JULIAN MARLEY
PRAZA DA QUINTANA
22 H
ORQUESTRA FINISTERRE
ALAMEDA
FESTA PÍCARA
17.30 H
Apertura de xogos e obradoiros
18 H
Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona
19.30 H
Concerto de Gramola Gominola
21 H
Fin de festa con peche de xogos e
obradoiros
PARQUE DE GALERAS
VENRES 24 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo da A.C. Pana Raiada
DA PONTEPEDRIÑA A SAN FIZ DE SOLOVIO
ENCONTRO DE XIGANTES E CABEZUDOS
12 H Praza da Quintana
12.30 H Praza do Toural
21 H CONCERTO BELEM TAJES LILA DOWNS
PRAZA DA QUINTANA
22 H
ORQUESTRA COMPOSTELA
ALAMEDA
23.30 H
ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
ALAMEDA
CIDADE DA CULTURA
PARQUE CARLOMAGNO
00 H, 00.15 H, 00.30 H, 00.45 H, 01 H, 01.15 H,
01.30 H, 01.45 H E 02 H
VIDEOMAPPING
PRAZA DO OBRADOIRO
SÁBADO 25 xullo. DÍA DO APÓSTOLO
12 H
COMPARSA DE CABEZUDOS
TEATRO PRINCIPAL
Percorrido: rúa Nova, praza das Praterías, Fonseca,
rúa do Franco, praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería,
Praza de Abastos, praza de Cervantes, Santo Agostiño,
rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e
rúa Nova
21 H
XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO
A. F. CANTIGAS E AGARIMOS
A. F. COLEXIATA DE SAR
G.B.M.T. BRINCADEIRA
O.C.T. ULTREIA
PRAZA DA QUINTANA
22 H
ACTUACIÓN
TANIA VEIRAS E OS CUMBIAPOP
ALAMEDA
23 H, 23.15 H, 23.30 H, 23.45 H, 00 H, 00.15 H,
00.30 H, 00.45 H E 01 H
VIDEOMAPPING
PRAZA DO OBRADOIRO
DOMINGO 26 xullo
TRADFEST
RUADAS durante toda a xornada con
Trópico de grelos e Os enxebres de San Lázaro.
Horarios definitivos en www.folque.com
12 H
CONCERTO
BMSC HORIZONTE TRADI
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza, director
María López, gaita e zanfona
Nuno Estévez, acordeón
Ernesto Martínez, voz e frauta
Pedro Lamas, arranxos
PRAZA DA QUINTANA
12.30 H
ANA ALCAIDE
A maxia dos instrumentos antigos
IGREXA DA UNIVERSIDADE
13.30 H
MARTIN BRUHN presenta “FOLCLORE”
PRAZA DE MAZARELOS
16 H
VOX STELLAE
IGREXA DA UNIVERSIDADE
17 H FERRINHAS BRAVAS
17.45 H FAISCAS DA PONTRAGA
18.45 H OS DA PORFÍA
PRAZA DE MAZARELOS
19.45 H
O GAJO
IGREXA DA UNIVERSIDADE
20.30 H
ALAN MACDONALD & CHICK MACAULEY
+ FRIENDS
PRAZA DE MAZARELOS
CONCERTO
22 H FELISA SEGADE
23 H X.M.BUDIÑO
PRAZA DA QUINTANA
DÍA DO TRAXE
11.45 H Desfile de traxes tradicionais
Percorrido: Alameda, rúa do Vilar, praza das
Praterías, rúa da Conga, Preguntoiro, praza
de Cervantes e Acibechería.
13 H Misa en SAN PAIO DE ANTEALTARES.
14 H Recepción na CASA DO CONCELLO.
16 H Concentración de participantes no
certame de traxes na hospedería de SAN
MARTIÑO PINARIO.
19.15 H Desfile de traxes tradicionais
dende SAN MARTIÑO PINARIO ata a PRAZA DA QUINTANA.
19.45 H Exhibición, concurso de traxes e
entrega de diplomas.
23 H, 23.15 H, 23.30 H, 23.45 H, 00 H, 00.15 H,
00.30 H, 00.45 H E 01 H
VIDEOMAPPING
PRAZA DO OBRADOIRO
LUNS 27 xullo
13 H
DÍA DE PADRÓN EN SANTIAGO
BANDAS MUNICIPAIS DE MÚSICA DE
PADRÓN E SANTIAGO
PRAZA DO OBRADOIRO
2O H
COMPOSTELA CINEMA
FLOW
Dirección: Gints Zilbalodis
PRAZA DA LAVACOLLA
2O H
CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS
HORIZONTES ATLÁNTICOS
Jean Johnson, clarinete (Escocia)
Ilona Timchenko, piano (España)
TEATRO PRINCIPAL
21 H
CONCERTO
LA PERRA BLANCO
PRAZA DA QUINTANA
22 H
COMPOSTELA CINEMA
SIRÂT
Dirección: Óliver Laxe
PRAZA DA LAVACOLLA
MARTES 28 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo da A.C. O Castro de Figueiras
DE SALGUEIRIÑOS Á PRAZA DO 8 DE MARZO
17 A 20 H
XADREZ AO AIRE LIBRE
Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os
niveis e idades.
Inscrición gratuíta na zona de xogo.
ALAMEDA
20 H
COMPOSTELA CINEMA
WALLACE Y GROMIT: LA VENGANZA
SE SIRVE CON PLUMAS
Dirección: Nick Park e Merlin Crossingham
PRAZA DA VECIÑANZA DA GRACIA
2O H
CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS
SÉCULOS DO VIOLÍN
Serguei Milstein, violín (Francia)
Alexander Arutjunian, violín (Portugal)
PRAZA DE SAN MARTIÑO PINARIO
21 H
CONCERTO
FESTA XITANA GALEGA
A TARARA
PRAZA DA QUINTANA
22 H
COMPOSTELA CINEMA
SAN SIMÓN
Dirección: Miguel Ángel Delgado
PRAZA DA VECIÑANZA DA GRACIA
MÉRCORES 29 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo da A.V. As Brañas de Andrés
DAS FONTIÑAS Á PRAZA DA INMACULADA
17 A 20 H
XADREZ AO AIRE LIBRE
Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os
niveis e idades.
Inscrición gratuíta na zona de xogo.
ALAMEDA
22 H
COMPOSTELA CINEMA
A GALIÑA TURULECA
Dirección: Eduardo Gondell e Víctor Monigote
EXTERIOR DO CENTRO CULTURAL DE BERDÍA
2O H
CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS
MAPAS MUSICAIS
Marco Rinaudo, piano (Italia)
Stefano Visintainer, piano (Italia)
TEATRO PRINCIPAL
21 H
CONCERTO
BEWIS DE LA ROSA
ERIS MACKENZIE
PRAZA DA QUINTANA
22 H
COMPOSTELA CINEMA
ROMERÍA
Dirección: Carla Simón
EXTERIOR DO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BERDÍA
XOVES 30 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo da A.C. Pena Maior de Marrozos
DE CONXO Á PRAZA DE FONSECA
17 A 20 H
XADREZ AO AIRE LIBRE
Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os
niveis e idades.
Inscrición gratuíta na zona de xogo.
ALAMEDA
20 H
COMPOSTELA CINEMA
NOCTURNA
Dirección: Adrià García e Víctor Maldonado
PARQUE EUGENIO GRANELL
21 H
CONCERTO
SHEGO
PRAZA DA QUINTANA
22 H
ORQUESTRA
COSTA DORADA
ALAMEDA
22 H
COMPOSTELA CINEMA
RONDALLAS
Dirección: Daniel Sánchez Arévalo
PARQUE EUGENIO GRANELL
VENRES 31 xullo
10 H – 12 H
ALBORADA a cargo da A.C. Grupo Novo Río Sarela
DE VISTA ALEGRE Á ALAMEDA
21 H
CANTOS DE TABERNA
XIRANDAINA
SAN LÁZARO
OS ESTALOTES
RÚA DE SAN PEDRO
22 H
CONCERTO
THE RAPANTS
PRAZA DA QUINTANA
22 H
ORQUESTRA SUAVECITO
ALAMEDA
23.30 H
ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
DE FIN DE FESTA
ALAMEDA
