CompostelaCulturaNovas

Encantos en Compostela encherá de maxia a cidade e a súa contorna do 10 ao 12 de outubro

Foto: Julia G. Yáñez

Santiago volverá encherse de ilusión coa segunda edición do festival de maxia ‘Encantos en Compostela’, que se celebrará do 10 ao 12 de outubro. O festival busca ofrecer unha experiencia para todos os públicos, combinando entretemento, participación e sorpresa.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, presentou na Casa do Concello a programación do festival, acompañada por Sara Rodríguez, Óscar Fernández e Eloy Fernández, por parte da organización.

Louzao lembrou que ‘Encantos en Compostela’ é unha das propostas beneficiarias das axudas que o Concello de Santiago concedeu este ano para a realización de actividades culturais do sector profesional, coa finalidade de diversificar a programación da cidade e estimular o tecido cultural local.

O festival medra en extensión, saíndo do centro histórico e espallándose cara aos barrios e parroquias de Compostela para crecer en accesibilidade. E faino tamén en inclusión e solidariedade, con actuacións no Hospital Clínico Universitario e nas residencias de maiores para achegar ilusión a residentes e visitantes.

Nesta segunda edición, o festival, dá o salto internacional traendo a prestixiosos e galardonados magos nacionais e estranxeiros como Gonzalo Albiñana, gañador do Gran Premio Extraordinario de Maxia 2023, e o recoñecido mago Axel Hecklau, cunha ampla traxectoria e varios premios mundiais no seu haber. Ademais reforza a súa aposta polo talento galego, contando coa participación de destacados magos e magas como Samuel Moreno, Eloy Fernández e Iago Saavedra ademais de Óscar Fernández e Sara Rodríguez, creadores do proxecto. Estes artistas traerán ao público espectáculos variados, desde a maxia familiar e participativa ata a maxia de cerca, coa que o ilusionismo se experimenta a poucos centímetros.

“Encantos en Compostela preséntase como unha celebración de creatividade, talento, e compromiso; unha mostra máis de que a cultura, alén de entretemento, pode e debe ser motor de cohesión social, participación e comunidade nesta capital cultural orgullosa de si”, afirmou a portavoz do goberno local.

Sara Rodríguez, que é a única maga presente na programación desta edición, sinalou que “por sorte, cada vez son máis as mulleres” que se dedican á maxia, pero aínda así, resulta difícil atopar profesionais para participar en festivais coma este.

No mesmo senso, Eloy Fernández, da asociación Compostela Máxica, explicou que o sector está a traballar na perspectiva de xénero e, aínda que seguen a ser maioría de homes, pouco a pouco vanse unindo máis mulleres. “Por iso é importante que se atopen un ambiente acolledor e referentes ás que seguir. Debemos poñer o foco na igualdade”, opinou.

Descentralización

Pola noite, a maxia transforma o centro urbano en espazo de ilusión e sorpresa coa celebración de sesións de maxia de cerca, que forman parte do programa local “Habelas Hainas” e se realizan en colaboración coa asociación Compostela Máxica. Estas funcións, de acceso con entrada simbólica, permiten experimentar o ilusionismo a poucos centímetros, nun ambiente íntimo e envolvente, achegando o público a unha das expresións máis puras e fascinantes da maxia contemporánea.

Un ano máis, a maxia solidaria segue sendo un dos eixes centrais do festival. Nesta edición, levarase ilusión a tres residencias de maiores de Santiago e ao Hospital Clínico Universitario, garantindo que a maxia chegue a quen máis o precisa.

Encantos en Compostela é unha iniciativa da compañía Magia en la Manga, que conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Desde a súa primeira edición en 2024, o festival consolidouse como un referente cultural na cidade, promovendo a maxia como unha arte escénica accesible, inclusiva e familiar, e facendo de Santiago un espazo de encontro e descubrimento para artistas e público de todas as idades.

Toda a información sobre a programación, horarios e reservas para as sesións de maxia de cerca está dispoñible na web oficial: encantosencompostela.com.

MAGOS

Axel Hecklau
Con máis de 30 anos de experiencia, Axel Hecklau consolidouse como un dos magos máis creativos e recoñecidos de Alemaña. A súa paixón pola maxia de cerca levouno a desenvolver efectos innovadores e a perfeccionar cada detalle das súas actuacións, ofrecendo ao público experiencias máxicas inesquecibles.

Gonzalo Albiñana

Especialista en teatro de sombras, diseña e presenta maxia para eventos, artistas e compañías; asesora e colabora en producións, desenvolve efectos e transforma ideas en experiencias escénicas memorables, integrando sempre técnica, narrativa e estética. Todo cun estilo propio, marcado pola creatividade… e cun inconfundible toque de absurdo.

Sara Rodríguez

A maxia de Sara pódese definir como profesional, coidada e impactante, chea auténticos imposibles que deixarán abraiado a calquera público. Sen dúbida a maxia é a súa gran paixón, e lévaa a outro nivel grazas á súa meticulosidade e atención ao detalle, como pode testemuñar calquera que a teña visto coa baralla nas mans. A pesares da súa aparencia formal e profesional, Sara sempre garda un as na manga. Sabe aderezar as súas actuacións cun humor cáustico e intelixente e coa súa singular retranca.

Óscar Fernández

Gusta de encher a súa maxia de significado e ten un estilo que se pode describir como vangardista, pero cunha marcada influencia dos grandes mestres da maxia clásicos e modernos. Nas sesións familiares preséntase como un mago moderno e pillabán. Mais cando fai maxia de cerca para grupos reducidos deixa ceiba a súa face máis artística, contemporánea e subversiva, buscando provocar o pensamento do seu público.

Samuel Moreno

Con un estilo único e unha presenza carismática, Samuel Moreno transforma cada actuación nunha experiencia inesquecible. Os seus espectáculos combinan ilusión, humor e narrativa, atrapando ao público dende o primeiro momento.

Samuel converte a maxia nun viaxe de asombro e diversión que deixa pegada en todos os espectadores.

Eloy Fernández

Eloy Fernández é un ilusionista e xestor artístico compostelán, especializado en cartomaxia e maxia de cerca. Nas súas creacións conflúen a súa visión artística, vencellada á corrente construtivista galega, co seu afán divulgativo, concebindo os seus efectos como unha vía para achegar ó público ao fascinante mundo do ilusionismo.

Iago Saavedra

Iago Saavedra mestura ilusión, creatividade e talento escénico para crear espectáculos que captan a atención dende o primeiro instante. Cada truco é unha historia, cada actuación unha experiencia que combina emoción e diversión. Ideal para todos os públicos, Iago transforma calquera evento nun recordo inesquecible.

PROGRAMACIÓN

Venres 10 de outubro

11:00 h | Óscar Fernández | MAXIA SOLIDARIA NAS RESIDENCIAS | Para público do centro

Residencia Volta do Castro

11:30 h | Iago Saavedra | MAXIA SOLIDARIA NAS RESIDENCIAS | Para público do centro

Residencia de maiores Fundación Amancio Ortega

12:00 h | Samuel Moreno | MAXIA SOLIDARIA NAS RESIDENCIAS | Para público do centro

Residencia DomusVi (San Lázaro)

12:00 h | Eloy Fernández | MAXIA DE CERCA | Para todos os públicos

Ratiños Coffee Shop | Entrada libre ata completar aforo

18:00 h | Sara Rodríguez | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC O Romaño | Entrada libre ata completar aforo

18:30 h | Samuel Moreno | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC José Saramago de Vite | Entrada libre ata completar aforo

19:00 h | Samuel Moreno | MAXIA DE CERCA | Para todos os públicos

Academia FlyingFun | Reservas na páxina web

19:00 h |Eloy Fernández | MAXIA DE CERCA | +12 anos

Meiga Backpackers Hostel | Entrada libre ata completar aforo

20:30 h | Axel Hecklau | MAXIA DE CERCA | +12 anos

Museo de maxia | Entradas na páxina web

22:30 h | Eloy Fernández | MAXIA DE CERCA | +12 anos

Bar Entreportas | Entradas na páxina web

Sábado 11 de outubro

12:00 h | Gonzalo Albiñana | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC de Fontiñas | Entrada libre ata completar aforo

12:00 h | Eloy Fernández | MAXIA DE CERCA | Para todos os públicos

A Medusa Pub | Entrada libre ata completar aforo

18:00 h | Iago Saavedra | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC Vidán | Entrada libre ata completar aforo

18:00 h | Gonzalo Albiñana | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC de Laraño | Entrada libre ata completar aforo

19:00 h | Eloy Fernández | MAXIA DE CERCA | Para todos os públicos

Casa das Crechas | Entradas na páxina web

Domingo 12 de outubro

11:00 h | Gonzalo Albiñana | MAXIA SOLIDARIA | Para público do centro

Sala Andrea H. Clínico

12:30 h | Iago Saavedra | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC Casa Agraria | Entrada libre ata completar aforo

12:30 h | Samuel Moreno | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

Pavillón Multiusos de Lavacolla | Entrada libre ata completar aforo

18:00 h | Samuel Moreno | MAXIA FAMILIAR | Para todos os públicos

CSC Aurelio Aguirre de Conxo | Entrada libre ata completar aforo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.