fbpx
CompostelaCulturaNovas

Virtuosos do cante e da guitarra actuarán no I Festival de Música Flamenca Riquela Club

O Festival de Música Flamenca Riquela Club terá lugar os días 7, 8 e 9 de marzo de 2024 na sala Riquela, en Santiago de Compostela. Un festival que nace coa vocación de dar lugar en Galicia a un estilo único e sempre apaixonante enriba do escenario.

Esta primeira edición contará coa presenza de artistas de renome do panorama flamenco, entre eles Enrique Bermúdez ”El Piculabe”, Juan José Suárez “Paquete”, La Tana, David de Jacoba, Carlos de Jacoba e Moisés Fernández.

Estes virtuosos do cante e a guitarra ofrecerán actuacións que tocarán a alma dos asistentes.

Programación

O festival comezará o xoves 7 de marzo co concerto do cantaor “El Piculabe” con “Paquete”, guitarrista flamenco descendente dunha gran saga de cantaores e artistas recoñecidos neste xénero (los Porrinas).

O venres 8 de marzo continuará a boa música coa cativadora voz de La Tana e a destreza de “Paquete” e Moisés Fernández.

O sábado día 9 a guitarra maxistral de Carlos de Jacoba unirase ao cante apaixonado de David de Jacoba para pechar o festival cunha noite de pura esencia flamenca.

As entradas anticipadas teñen un prezo de 20 euros e xa están á venda na Reixa Tenda. O abono para os tres días ten un prezo de 40 euros. Pódense mercar tamén na web de entradium.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.