fbpx
#apaparCompostelaGastronomíaNovas

‘Fish & Chips’ en ArteSana Gastrobar

Por @JuanEAT_o

@JuanEAT_o, no restaurante ArteSana Gastrobar.
Foto: Iván Barreiro

Fish & Chips ArteSana style. Si, amigos, en Compostela podemos tomar un dos pratos máis típicos do Reino Unido sen ter que ir ata alí e ademais cun produto mellor e de preto, coma da casa. Pescada do pincho da ría directa da lonxa de Ribeira, rebozada en catro anacos pousados nunha cama de patacas chips igualiñas que as de bolsa, pero de verdade... ha, ha, ha!

Quero destacar que a recomendación do chef foi de comer este prato coas mans, así que dito e feito! Podo dicir que seguramente con garfo non tería a mesma experiencia, así que recomendo probar deste xeito.

Ao partir as pezas pódese observar que tanto o rebozado coma o peixe non opoñen resistencia ningunha. Están perfectamente equilibrados no tema da fritura e cocción, dando coma resultado unha textura perfecta, cun rebozado esponxoso é una pescada que se desfai na boca case sen ter que mastigar. Isto é grazas á preparación do peixe, xa que é o que máis se coida neste prato, tentando sacar o máximo sabor do produto. Un produto que, por suposto, é fresco; se non, non tería o mesmo impacto no sabor. Ao cocelo no seu propio xugo conséguese esa suave textura .

As patacas cobran tamén protagonismo nesta proposta, xa que rompen esa delicadeza da pescada cun sabor e textura crunch moi rico. Coma xa dixen, son coma as de bolsa pero feitas con agarimo 😉

Como prato extra, puiden probar unhas da tapas gañadoras do Santiago(é)Tapas de hai uns anos: un capuccino, pero non de café, senón de mar. Se sodes asiduos a este concurso, xa saberedes do que vos falo. Parece un café capuchino pero en realidade consta dunha crema de mariscos de rape, lagostinos e verduriñas e unha escuma de caviar de ourizos. En definitiva, un sabor intenso a mar e dos bos!

Por último, gustaríame confesar que este foi un dos #apapar máis divertidos que fixen porque puiden gozar da compañía do chef, Álvaro, en todo momento, cun bo rollo que fixo da experiencia se cabe un punto mellor. Doulle as grazas pola atención personalizada!

DATOS

Lugar: Avenida de Ferrol, 9 - Santiago de Compostela

Prato: ‘Fish & Chips’

Prezo: 11,80 €

Valoración: 9 estrelas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.