Chegan as tardes para desconectar con boa música e viños Martín Códax en ‘Os Serán con Alma Atlántica’
Este verán, a terraza de Bodegas Martín Códax volverá encherse de música, sorrisos e bo xorne cunha nova edición de Os Seráns con Alma Atlántica, o ciclo de concertos que celebra o espírito máis fresco, desenfadado e festivo de marca Alma Atlántica.
Cunha proposta pensada para pasalo ben, o ciclo une música en directo e Alma Atlántica nunha contorna única, con excelentes vistas á Ría de Arousa. A experiencia festivalera trasládase a un formato máis próximo e vibrante, onde cada tarde se converte nunha auténtica festa para gozar con amizades, cantar, bailar e brindar á tardiña.
Este ano, cinco bandas tomarán o escenario para converter cada venres nun planazo irresistible:
• Broken Peach (11 de xullo): irreverentes, potentes e cun directo que é puro espectáculo, esta banda viguesa mestura soul e rock cunha posta en escena inesquecible.
• Braava Band (18 de xullo): versións actuais, ritmos bailables e moita conexión co público. Unha proposta perfecta para acender o ambiente.
• Miguel Sueiras (1 de agosto): carisma e proximidade nun formato acústico que transforma grandes clásicos en momentos únicos de gozo e emoción.
• Los Gin Toni’s (8 de agosto): un bulebule de enerxía con himnos que todo o mundo canta. Diversión asegurada desde a primeira canción.
• Bafana Bafana (15 de agosto): frescura, ritmo e bo xorne nunha viaxe musical que percorre os grandes éxitos do pop, o rock e a música latina.
Este ano, como novidade, implantouse un sistema de entradas. O acceso terá un custo de 10 euros, cunha consumición incluída, e poderá adquirirse a través de Ticketrona ou na tenda da adega o mesmo día do evento (segundo dispoñibilidade).
Cada cita ofrecerá servizo de barra, tapas deseñadas para a ocasión e, por suposto, toda a gama de produtos de Alma Atlántica, nun ambiente cómodo, relaxado e moi instagrameable. A capacidade limitada garante unha experiencia próxima e auténtica, na que cada detalle está pensado para gozar.
Os Seráns con Alma Atlántica non son só concertos: son tardes para desconectar, rir, brindar e celebrar o verán con boa música e sabor atlántico.