Arco, Alice Wonder, Ángel Stanich ou Inazio actuarán en Galicia no marco do ciclo Momentos Alhambra
Coincidindo co centenario de Cervezas Alhambra, este ano volve a escena o ciclo de concertos Momentos Alhambra. Unha nova edición repleta de talento que ofrece unha coidada selección de artistas e algunhas das propostas máis vibrantes e innovadoras do panorama musical. A diversidade e o carácter diferencial de Cervezas Alhambra seguen sendo o selo distintivo desta proposta, que tamén en Galicia traducirase en experiencias únicas en salas de referencia.
Lonxe de ser unha mera espectadora, Cervezas Alhambra construíu un ecosistema musical propio, onde a autenticidade, a mestría e o respecto polas orixes son os grandes piares. Desde 2018, Momentos Alhambra demostrou o seu éxito con máis de 320 concertos, 182 artistas e 86 DJs, e este 2025 propón unha programación diversa e coidadosamente seleccionada, reflexo da sensibilidade artística da marca.
Fiel á súa esencia, a marca cervexeira deseñou esta edición guiada pola sensibilidade, a atención ao detalle e a paixón polo descubrimento. O ciclo é toda unha invitación a deterse, gozar sen présa e mergullarse nunha experiencia musical que celebra a autenticidade, a orixe e a emoción dos momentos compartidos. Con máis de 80 salas e espazos diferentes involucrados desde o seu inicio, Momentos Alhambra consolidouse como un auténtico aliado da música en vivo.
En Galicia, entre o 31 de maio e o 6 de decembro, o ciclo pasará por escenarios como a sala Malatesta (Santiago de Compostela), a sala El Pantalán (A Coruña), Sala Malavida (A Coruña), a sala Supersonic (Vigo), A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) e A Confradía Taberna Cultural (Vilanova de Arousa). Nesta edición, o cartel galego transita entre o rock narrativo, o pop introspectivo, a canción de autor con propostas que reinterpretan a tradición desde unha mirada actual.
A primeira parada chegará co directo de Arco, artista granadino cunha carreira que combina sensibilidade e compromiso. Presentará a forza emocional das súas novas cancións, sempre marcadas pola mestizaxe sonora e as letras con mensaxe. Máis adiante, Arizona Baby despregarán o seu característico son western e unha proposta enérxica que rompe moldes a base de guitarras crúas, actitude e raíces americanas.
Despois, será a quenda de Sanguijuelas del Guadiana, cun directo vibrante onde a raíz flamenca convive co desenfado e a crítica social. Seguiralle Inazio, cun repertorio de pop de autor luminoso, que destaca pola súa proximidade xeracional e a súa honestidade emocional.
MELIFLUO presentarán o seu son propio a medio camiño entre o atmosférico e o melódico, con letras que dialogan coa introspección. Ángel Stanich, pola súa banda, despregará un directo que é pura personalidade: cancións delirantes, acedas e profundamente narrativas, nunha mestura inconfundible de rock, psicodelia e sarcasmo.
O ciclo pecharase con dous nomes que manteñen un vínculo especial co público galego: Luis Fercán, cunha proposta íntima, visceral e profundamente emocional; e Alice Wonder, cun dos directos máis persoais e magnéticos do panorama nacional, onde conflúen o minimalismo instrumental, a potencia vocal e unha posta en escena hipnótica.
Así se perfila esta nova edición: un espazo onde os xéneros se entrelazan, a creatividade desborda e cada concerto se convierte nunha oportunidade única para gozar sen présa da música, coa mesma sensibilidade e paixón polo detalle que definen a Cervezas Alhambra. Un encontro para vivir momentos únicos e irrepetibles, onde o son se sente, se saborea e se goza cos cinco sentidos.
AVANCE PROGRAMACIÓN MOMENTOS ALHAMBRA 2025
MAIO
Sábado 31 – Arco (formato acústico) – Sala Malavida – A Coruña
XUÑO
Venres 6 – Arizona Baby – A Pousada da Galiza Imaxinaria – Boiro
OUTUBRO
Venres 17 – Sanguijuelas del Guadiana – Supersonic Vigo – Vigo
Sábado 18 – Inazio – Supersonic Vigo – Vigo
NOVEMBRO
Sábado 8 – MELIFLUO – El Pantalán – A Coruña
Sábado 15 – Ángel Stanich – Salga Malatesta – Santiago de Compostela
DECEMBRO
Venres 5 – Luis Fercán (formato acústico) – A Confraría, Taberna Cultural – Vilanova de Arousa
Sábado 6 – Alice Wonder – Salga Malatesta – Santiago de Compostela
Proximamente, anunciaranse máis concertos de Momentos Alhambra 2025
Toda a información en: cervezasalhambra.com/es/momentos-alhambra