Arranca o Outono Códax Festival 2025 con Gilipojazz, Principles of Joy e Los Sírex

O trío madrileño Gilipojazz actuará este xoves, 6 de novembro desde as 20.30 h, no Riquela Club, no que será o primeiro concerto do Outono Códax 2025. O festival continuará o domingo, día 9, coa banda francesa Principles of Joy e con Los Sírex, o grupo máis lonxevo na historia do rock, que tocarán na Sala Capitol ás 19.30 h.
Cun estilo único que mestura jazz, rock, funk, groove, metal e humor, Gilipojazz ofrece un show explosivo e teatral que conquistou ao público e a crítica. Nomeados a tres Premios da Música, preséntanse como un fenómeno musical tan virtuoso como irreverente.
Pola súa parte, Principles of Joy, banda lidertada por Rachel Yarabou (Soul Sisters) e Ludo Bors, é considerada actualmente a formación de soul contemporáneo máis popular de Europa. O seu estilo caracterízase por abordar con intensidade unha gran variedade de sons clásicos do soul e o northern soul con influencias do hip hop e da psicodelia e achegamentos á pista de baile.

Los Sírex son lenda vida do rock & roll español. Naceron dous anos antes que os Rolling Stones, o que os leva a proclamarse a banda de rock máis lonxeva do mundo. Entre os seus grandes fitos está tamén telonear a The Beatles no seu concerto en Barcelona en 1965. Nestas datas están a celebrar o seu 65 aniversario sobre os escenarios. Pero que ninguén agarde ver unhas vellas glorias vindas a menos. Como explica Antoni Miquel, ‘Leslie’, cantante e membro fundador do grupo: «Cando dis que o grupo celebra o 65 aniversario, a xente pensa que tes 90 anos. Pero é que nós empezamos con 14 e 15 anos! De feito, nesta xira -’Que nos quiten lo bailao’- facemos un directo moi divertido. Non paramos de movernos sobre o escenario».
Consulta aquí o programa completo do festival e como mercar as entradas.

