CulturaNovas

SUMRRÁ gaña o Premio á mellor grupo consolidado da Plataforma Jazz España

O 14 de marzo de 2022 ás 12:00 am tivo lugar na Fundación SGAE en Madrid a presentación do proxecto completo da Asociación de Festivales de Jazz Plataforma Jazz España, acto no cal se presentou tamén o seu Catálogo de grupos e foron entregados os Premios que dá a asociación a artistas.

A Plataforma Jazz España, integrada polos Festivais de Jazz máis prestixiosos de España, configurou un Catálogo das 15 propostas máis interesantes do Jazz feito en España na actualidade, para a continuación votar e elexir ós dous premiados dentro dese Catálogo. O Premio ó mellor grupo emerxente foi para Lucía Fumero, e o Premio á mellor grupo consolidado foi para os galegos SUMRRÁ.

Ademáis do recoñecemento que esto supón para o trío de jazz galego máis internacional, o premio consiste nunha xira nacional a través dos festivais asociados á plataforma.

SUMRRÁ

Tras 21 anos xuntos, e centos de concertos por medio mundo, o trío de jazz galego máis internacional presenta o seu sétimo disco:

“SUMRRÁ 7 VISIÓNS”

O disco no que SUMRRÁ reflexiona sobre o momento no que vivimos. Unha serie de visións para explicar de onde vimos, onde estamos e cara onde imos.

O pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido, dan a luz un novo traballo discográfico que supón a consolidación dunha forma de entender a música ao vivo única. Unha madurez e unha frescura case inconcebible hoxe en día, que fan do trío de Jazz galego un grupo de culto que foi sumando adeptos ó longo de todos estes anos, a través dos seus discos, dos seus concertos e das súas xiras. Seúl, Marrocos, París, Beijing, Shanghai, Bulgaria, México, Portugal, Nicaragua, Bolivia, Sudáfrica, Guatemala, El Salvador, etc…

Neste último album, SUMRRÁ fai o exercicio inspirador de coller perspectiva e replantexarse a través da música a nosa propia existencia. Os tres músicos afincados en Compostela miran con novos ollos ó “Sapiens sapiens”, ó “Espazo interior” que habita dentro de cada un de nós, ou a “Ra”, o astro Rei, fonte de toda vida. Reflexionan sobre a nosa eterna posición na “Periferia Universal”, ou sobre a permanente danza das “Forzas Gravitatorias”. Contan a través da súa música qué foi o que aconteceu “13.700 millóns de anos despois”, ou por qué son 7 os graos que separan “Asuán de Alexandría”. Un resultado tan sorprendente como revelador.

“7 visións” lúcidas, arrolladoras, xeniáis… O mellor album de SUMRRÁ, xa está aquí.