Gastronomía

Cervezas Alhambra e a ceramista María Monasterio presentan uns estoxos especiais coas Numeradas Serie Andalucía

No ano do seu centenario, Cervezas Alhambra presenta unha colaboración exclusiva coa recoñecida ceramista María Monasterio, unha sorprendente homenaxe á luz do sur da man de ‘Las Numeradas’ e a súa nova serie Andalucía. Tras 100 anos nos que a arte cervexeira e a creación sen présa forma parte do seu ADN, a marca presenta tres estoxos edición limitada que unen arte e gastronomía. Así, esta colaboración convértese na opción ideal para regalar e gozar en momentos especiais como o vindeiro Día do Pai, levando á mesa un cachiño de sur.

‘Las Numeradas’ e María Monasterio comparten unha mesma maneira de crear onde experimentación, mimo e tempo conflúen para deseñar pezas únicas. A ceramista andaluza, recoñecida por colaborar con prestixiosos restaurantes e chefs d eEspaña, deseñou en exclusiva para esta colaboración tres pezas de vaixela artesanal que se inspiran na luz que envolve cada momento de goce das tres cervexas da nova serie de ‘Las Numeradas’. A luz brillante e a cor vibrante dun aperitivo ao mediodía para “Azahar”, a suave e difusa luz dunha sobremesa ao atardeder para “Salicornia”, e os matices do prometedor inicio dun anoitecer para“Matalahúva”.

As tres pezas que compoñen esta vaixela foron feitas a man no taller de María Monasterio en Casabermeja, Málaga, e preséntanse en tres estoxos de edición moi limitada. Cada un destes tres estoxos inclúe unha das novas cervexas de ‘Las Numeradas Serie Andalucía’ xunto a unha das pezas, para usarse por separado ou en conxunto. A “Azahar” acompáñalle un prato que pode utilizarse en dúas posicións, para usalo como recipiente ou como pedestal; “Salicornia” preséntase xunto a dous pratos de forma plana; e, por último, xunto a “Matalahúva” pódese atopar unha cunca alta perfecto para propostas de culler.

Para María Monasterio, a creación destas pezas foi realmente singular, un proxecto no que, como en todos os seus traballos, coidou ao máximo a atención ao detalle. E é que María comparte cos mestres cervexeiros de Alhambra ese afán pola experimentación e por ir máis aló dos límites que levan por bandeira desde fai 100 anos, dándolle a cada creación e a cada momento o tempo que merece. “A cerámica é un proceso lento, que ten uns tempos moi marcados que hai que respectar para obter bos resultados, facendo as cousas sen présa”, afirma María.“Para min, que aplico esa filosofía a todo o meu traballo, foi moi fácil enfocar esta colaboración, non só desde o proceso de creación, tamén desde a propia inspiración, representando a luz e os ingredientes destas cervexas a través da cor, a forma e a textura de cada peza”.

“Azahar”, “Salicornia” e “Matalahúva” son as tres sorprendentes cervexas que compoñen a Serie Andalucía. Unha nova serie de edición limitada e efémera das creacións máis experimentais da marca, ‘Las Numeradas’, que nesta ocasión explora a diversidade de Andalucía a través de sabores e aromas que evocan cada recuncho desa terra. Unha proposta coa que Cervezas Alhambra vai máis lonxe na súa busca da excelencia cervexeira a través de receitas sorprendentes que só se poden crear con tempo.

Así, o centenario da marca convértese no escenario ideal para esta sorprendente colaboración. Os tres estoxos que compoñen a exclusiva unión de Cervezas Alhambra e María Monasterio están xa dispoñibles e ata esgotar existencias no ecommerce de Mahou San Miguel. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.