#OConsellodeLenzoA CoruñaGastronomía

Non deixes os teus soños para mañá

Por Cata Mosquera | Uxía Blanco de Lenzo Estudio

Setembro trae sempre ese aire de “volver a comezar”: novos cadernos, rutinas, novos propósitos… e tamén esa voceciña que di: “algún día montarei o meu proxecto”. O problema é que ese “algún día” pode durar toda a vida.

En gastronomía e cultura vemos proxectos que nacen con ilusión e tamén moitos que se quedan no caixón por medo ou por esperar o momento perfecto. Pero non hai calendario máxico: o mellor día para arrancar, sempre é hoxe.

E aquí entra a comunicación. Porque un soño non só é o que fas, senón tamén como o contas. Lanzas un local, un ciclo de concertos ou unha marca artesanal? Necesitas poñerlle voz. Crear unha identidade que che diferencie, que emocione e que faga que outros crean no teu proxecto tanto coma ti. Sen esa parte, a máis brillante das ideas pode pasar desapercibida.

Non se trata de ter todo resolto desde o inicio, senón de dar os primeiros pasos. Un deles pode ser “tan sinxelo” coma abrir unha rede social co nome do teu proxecto, contar que estás empezando e compartir o proceso, outra falar cos negocios do barrio con propostas interesantes para darte a coñecer… Fagas o que fagas, recorda facelo con honestidade e estratexia.

Ás veces só necesitamos un pequeno empurrón así que deixámoste unas preguntas moi sinxelas pero imprescindibles para comezar con éxito: quen es? Que fas? A quen lle falas? Que queres que lembren do teu proxecto?

Vas seguir esperando… ou é hoxe o teu día un?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.