Café de Altamira presenta as súas xornadas de Arroz de Valencia

O restaurante Café de Altamira acolleu un xantar de presentación das Xornadas Gastronómicas de Arroz D.O. de Valencia, unha cita que promete traer a locais e visitantes a esencia deste gran a través dunha proposta de primeiro nivel e mergullarse na cultura do arroz valenciano sen saír do corazón de Compostela.
As Xornadas Gastronómicas de Arroz D.O. de Valencia celébranse do 26 ao 29 de marzo ofrecendo menús especiais ao mediodía co selo de calidade da D.O. Arroz de Valencia. Con esta proposta, Café de Altamira consolida a súa aposta polo produto de proximidade e a excelencia técnica. Para esta cita, o restaurante contou co respaldo de dous referentes: Santos Ruiz, xerente do D.O. Arroz de Valencia, e o chef valenciano Ángel García, quen asesorou ao equipo local para garantir unha execución impecable e fiel á tradición.
Grupo Altamira
O grupo Altamira, liderado por Queco Arias, Adrián Comesaña e María Moas, consolidouse como un dos referentes hostaleiros de Santiago de Compostela . Na súa fronte, proxectos como o Café de Altamira (Bib Gourmand da Guía Michelin e recomendado pola Guía Repsol) e O Curro da Parra (recomendado pola Guía Repsol), xunto ao hotel Pazo de Altamira e O Xardín de Julia, configuran unha proposta que combina restauración e aloxamento con base no produto local e unha traxectoria apoiada pola clientela local e visitante. O grupo conta ademais con recoñecementos de calidade como a Q de Calidade Turística, o distintivo SICTED e o selo Galicia Calidade.
DO Valencia
A Denominación de Orixe Arroz de Valencia, creada en 1998, é o organismo encargado de garantir a calidade, orixe e rastrexabilidade dun dos produtos máis emblemáticos da gastronomía mediterránea. Vinculada a contorna do Parque Natural da Albufera, protexe un cultivo ancestral que forma parte esencial da paisaxe, a economía e a cultura valenciana. A entidade ampara variedades tradicionais como sénia, bomba e albufera, especialmente valoradas pola súa capacidade para absorber o sabor e o seu comportamento en cociña, e desenvolve ademais unha intenso labor de promoción e formación a través de iniciativas como a súa Escola do Arroz, contribuíndo a difundir a cultura arroceira e a súa aplicación gastronómica tanto a nivel nacional como internacional.

