A CoruñaCultura

Valeria Castro, María José Llergo, Caamaño & Ameixeiras e Lagharteiras, na presentación de O Cuarto de Tanxugueiras

Tanxugueiras presentará este sábado 17 de outubro, no Coliseum da Coruña, O Cuarto, o disco co que celebra os seus dez anos sobre os escenarios. A cita será a única oportunidade de ver o grupo en Galicia ao longo deste 2026.

Para esta noite tan especial, que tamén supón a apertura da nova xira, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro non estarán soas. Sobre o escenario estarán acompañadas por artistas convidadas de primeiro nivel: Valeria Castro, María José Llergo e o dúo Caamaño & Ameixeiras, ademais doutras sorpresas que se desvelarán durante a noite. Como antesala desta auténtica festa da cultura tradicional, Lagharteiras será a encargada da actuación de apertura a partir das 20:00 horas. 

Máis ca unha celebración, o regreso de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro ao recinto indoor máis grande do noroeste peninsular volve representar un reencontro cargado de significado: o maior momento musical, cultural e comunitario co seu público, co que reafirman o seu compromiso coa lingua e o folclore galego. As últimas entradas para a cita están á venda a través da web tanxugueiras.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.