fbpx
CompostelaCulturaNovas

Os Fogos do Apóstolo volverán lanzarse desde cinco localizacións distintas

Imaxe do espectáculo do 2020. Foto: Concello de Santiago

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das normas anticovid, e evitarase a mobilidade da cidadanía.

Esas cinco localizacións, que farán dos fogos “un espectáculo único” son: parque Eugenio Granell, parque Carlomagno-Fontiñas, Santa Susana-Alameda, As Cancelas e Monte Gaias-Cidade da Cultura de Galicia. Desde cada un destes puntos utilizaránse, segundo explicou Juan Manuel Humanes, máis de 500 quilos de NEC (Neto Explosivo Contido), é dicir, a cantidade de explosivo que veremos cando exploten. Se se contabiliza tamén o utilizado para elevalos, a cantidade supera os 900 quilos. Serán dun calibre máximo de 125 milimetros, o que permitirá unha elevación de entre 160 e 180 metros.

Gonzalo Muíños cualificou como “unha decisión valente” e acertada o cambio de ubicación, decidido o ano pasado, e o novo formato, que permitirá achegar os fogos ao espectador e non o espectador ao espectáculo, como até o de agora.

Os fogos do día 31 de xullo lanzaránse desde un único punto: o Monte Gaias-Cidade da Cultura de Galicia. O total NEC supera os 1300 quilos; e o calibre máximo é de 150 milímetros. Tanto este espectáculo, como o do día 24, terán unha duración de 15 minutos, subdivididos en fases interconectadas de fogos combinados de 45 en 45 segundos. Contemplan a gama de novas cores desenvolvidas na empresa, que conta con máis de 160 referencias definidas. Tamén se utilizarán novos sons, unha nova gama de carcasas aéreas; así como unha gran variedade de produtos, destacando as palmeras de dobre cambio de cor, os crisantemos nas súas cinco versións definidas, ou os barridos co novo efecto sonoro multicolor. Tamén destaca o sistema de disparo “Pyrogital Sistem”, que utiliza a alta tecnoloxía nos espectáculos de altura.

A empresa Ricardo Caballer (RICASA), resultou adxudicataria, do contrato de “Deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2021 do Concello de Santiago de Compostela”, por un importante total, IVE engadido, de 269.355,68 euros. Polo tanto, encargarse da proposta técnico-artística, a producción, a realización e a execución dos espectáculos pirotécnicos; e tamén da subministracion do materia necesario, avalado e catalogado pola Unión Europeo, e fabricado con materiais biodegradables e sen a presenza de percloratos.

Tamén corren a cargo da empresa os traballos de transporte, montaxe e retirada do material necesario, a provisión do material e da maquinaria necesaria para a montaxe e instalación dos fogos, a vixiancia e seguridade de todo o proceso, e a limpeza de todos os restos producidos polo disparo dos artefactos pirotécnicos, entre outros servizos.

Pirotecnia Ricardo Caballer é unha empresa valenciana, fundada en 1881, que ao longo da súa traxectoria leva acadados numerosos premios. Entre eles o premio Júpiter de Ouro da 32 edición do festival “L’international des Feux Loto-Québec”, que se celebra en Montreal (Canadá), o galardón máis importante do sector da pirotecnia a nivel mundial.