fbpx

Xela Arias. Asinamos ser libres

When:
10 Maio, 2021 – 31 Maio, 2021 all-day
2021-05-10T00:00:00+02:00
2021-06-01T00:00:00+02:00
Where:
Biblioteca Pública Ánxel Casal

A mostra ‘Xela Arias. Asinamos ser libres’, promovida polo Xunta de Galicia, está comisariada pola profesora e biógrafa de Xela Arias, María Xesús Nogueira, quen deseñou un proxecto composto por 10 paneis que fai un repaso por todas as vertentes profesionais da autora difundindo detalles da súa vida, obra e contexto histórico no que viviu. Pode visitarse na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. 

Tras o seu paso por Santiago de Compostela, a mostra chegará, antes de que remate o verán, a Vigo, Sarria (Lugo), Pontevedra, Amoeiro (Ourense), Outes (A Coruña) e Lugo. A itinerancia continuará nos meses de outono e inverno na Coruña, Ourense, Boiro (A Coruña) e Celanova (Ourense).

A iniciativa enmárcase na extensa programación desenvolta pola Xunta en colaboración coas principais institucións culturais con motivo das Letras Galegas 2021.