fbpx

Xela Arias. A poesía do retrato

When:
17 Maio, 2021 – 25 Xullo, 2021 all-day
2021-05-17T00:00:00+02:00
2021-07-26T00:00:00+02:00
Where:
Zona C. Rúa do Preguntoiro, 1 Santiago
Cost:
Free

Xela Arias (Sarria, 1962  – Vigo, 2003)  é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora. Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

A exposición recompila unha colección de poemas da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Coarenta retratos en branco e negro que foron seleccionados por ​Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.

Desde estes fascinantes retratos en branco e negro, Xela mira chea de mocidade e valentía, mergullándonos no universo máis íntimo da autora. Posa con determinación e sen artificio ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.

Corenta  retratos dialogando con coarente textos poéticos​. Unha interacción entre poesía e fotografia que non deixará indiferentes ás persoas visitantes. Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade.

HORARIO

De martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h.

Domingo de 11.00 a 14.00h. Luns pechado