fbpx

Tributo a Mecano: Héroes de la Antártida

When:
23 Xaneiro, 2022 @ 7:00 p.m. – 9:00 p.m.
2022-01-23T19:00:00+01:00
2022-01-23T21:00:00+01:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
29€

Dá igual a idade que teñas, porque ao escoitar Hoy no me puedo levantar, En tu fiesta me colé ou Maquillaje, é inevitable que te traslades aos anos 80 cheos de cor e de ritmo. As pegadas musicais de Mecano seguen máis vivas que nunca e, con elas, a nosa eterna adolescencia marcada por este mítico trío, as súas inesquecibles letras e a orixinal voz de Ana Torroja.

Podes revivir os grandes éxitos do grupo de pop  ochenteiro por excelencia, grazas a este espectacular tributo, no que gozarás duns auténticos himnos xeracionais como Me cuesta tanto olvidarte, La fuerza de destino o Una rosa es una rosa, ademais dunha posta en escena excepcional e os desinhibidos vestiarios tan propios daquela inesquecible década.