fbpx

Terceiro ciclo de “Sinerxías”

When:
26 Maio, 2022 @ 12:00 p.m.
2022-05-26T12:00:00+02:00
2022-05-26T12:15:00+02:00
Where:
Compostela
Cost:
Free

“Sinerxías” é o título que agrupa os once concertos que dará a Banda Municipal de Música nos meses de maio, xuño e xullo. O programa, que foi presentado pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, cobre unha ampla variedade de estilos musicais con actuacións conxuntas con diferentes agrupacións e entidades, coas que a BMSC volverá ás rúas, con concertos ao aire libre nas prazas do Obradoiro e da Quintana.

Programación

Este Ciclo III da programación “Camiños Sonoros”, caracterízase pola participación en diferentes festivais e con diferentes artistas ou agrupacións en todos e cada un dos 11 concertos programados.

A praza da Quintana acollerá dous concertos no que resta do mes de maio: “De cofias e monteiras”, este xoves 26, coa participación da Asociación do Traxe Galego e a Agrupación Brincadeira; e “Xoldra a eira”, coa Banda de Gaitas de Forcarei (“Josele”, Icía Varela e Xabier Cruz), o vindeiro domingo 29.

Durante o mes de xuño, a BMSC ofrecerá outros cinco espectáculos: “Capricho brillante”, coa Federación Galega de Bandas de Música Populares , o 2 de xuño; “Concerto monocromo”, coa participación da artista multidiscriplinar Macarena Montesinos, que terá lugar no Festival Plataforma o vindeiro 9 de xuño; “Novos Vieiros”, o 16 de xuño, no cadro das Xornadas Música Contemporánea; “Retornos Melódicos”, xunto co director Casiano Mouriño, co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, o 23 de xuño; e “Romaría”, no cadro do Festival de Narración Oral Atlántica, o vindeiro 30 de xullo.

A programación continuará durante o mes adicado ás Festas do Apóstolo co concerto “Sinfonietta Galaica” o 7 de xullo, no que a BMSC compartirá escenario coa Banda Sinfónica da FGBMP, e o gaiteiro”Josele”; e coa participación no XVIII Encontro Galego do Saxofón o día 14, nunha actuación conxunta co recoñecido saxofonista Claude Delangle. A praza da Quintana acollerá outros dous espectáculos os días 21 e 29 de xullo: “Suite de Souvenirs” con +QDanza; e “Ei cantar coa túa Banda”, con Mare Producións e as voces de Paco Lodeiro, Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara.

Entradas

Os billetes poden adquirirse, de xeito gratuito, na web compostelacultura.gal; na zona C (de martes a sábado); ou no despacho de billetes do Teatro Principal o día do espectáculo desde unha hora antes de comezo do mesmo.