fbpx

Tapas no Camiño

When:
5 Xullo, 2021 – 23 Xullo, 2021 all-day
2021-07-05T00:00:00+02:00
2021-07-24T00:00:00+02:00
Where:
Vedra

Este luns 5 de xullo comeza Tapas no Camiño, unha iniciativa do concello de Vedra coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo.

Coa marca Tabernas da Ulla, Vedra invítanos a coñecer as tapas de culler, no Camiño de inverno do 5 ao 9 de xullo; as tapas de pan e viño, na ruta Moñoto Ribeiro do 12 ao 16 de xullo; e as tapas de repostería, coas améndoas e tortas da Vía da Prata, do 19 ao 23 de xullo.

Serán oito locais que irán cambiando as tapas para dar a coñecer a gastronomía de cada unha das rutas. Chourizos ao viño, lentellas, empanada, callos, fabada, tostas, postres sorpresa… unha variada oferta para coller forzas despois de visitar algúns dos lugares máis coñecidos do concello como San Xoán da Cova, a Ponte de Gundián ou o Pazo de Ortigueira.

Tapas no camiño abrirá  nos distintos locais de 19:00 a 22:00 horas, de luns a venres. Na última das propostas, a Vía da Prata coa súa repostería, a ese horario engádese un matutino de 9:00 a 11:00 horas. Os clientes que consuman nestes horarios entrarán ademais nun sorteo de produtos locais.

Tapas no Camiño é unha proposta organizada desde o concello de Vedra que conta coa colaboración de Tabernas do Ulla, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.