fbpx

‘SERVA ME, SERVABO TE’

When:
24 Setembro, 2021 @ 8:00 p.m. – 10:00 p.m.
2021-09-24T20:00:00+02:00
2021-09-24T22:00:00+02:00
Where:
Salón Teatro - Santiago de Compostela
Cost:
10 €

O 9 de setembro chegará ao Salón Teatro Serva me, servabo te, a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), que visita Compostela despois da súa estrea no Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño. Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez son os creadores deste espectáculo que sitúa o corpo como elemento central da escena para falar dos afectos e do colectivo, así como para reivindicalo como materia que nos iguala sen distincións.

Sorprenderá moito o seu escenario, no que se fantasía co derrubamento dun edificio de vinte alturas, e que se presenta como un corpo nu ante a inmensidade. Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín) resalta o corpo, a voz e o espazo como elementos básicos e primixenios da expresión teatral para camiñar cara ao futuro a través dunha catarse escénica que conecta os corpos coa comunidade, coa natureza e coa loita pola supervivencia, explica o director do CDG, Fran Núñez.

Haberá sesións ás 20:00 horas os xoves, venres e sábados, e ás 18:00 os domingos. Entradas á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación (10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos e os domingos, Día do espectador).

Equipo

A peza combina experiencia e xuventude tanto no seu equipo de interpretación coma no artístico. Así, conforman o elenco, no que cómpre sinalar a elevada presenza de actrices e actores formados na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel Crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez e Cris Vilariño. Canto á parte artística, a creadora escénica Avelina Pérez é a asistente de dirección. Pola súa banda, Carmen Triñanes asume a iluminación e a videocreación, así como a escenografía de xeito compartido con Laura Iturralde. O vestiario asínao o actor e deseñador Xoel Álvarez e o espazo sonoro, Xabier Bértolo. Finalmente, Roberta Ferrara e Xandre Vázquez fanse cargo da asistencia de coreografía e de produción, respectivamente.

Ademais deste proxecto, o CDG, unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, xa avanzou as que serán as novas producións para a vindeira temporada. Trátase dunha adaptación teatral de A peste, de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó, e de Ás 8 da tarde cando morren as nais, baixo a dirección de Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.